Abrir o menú principal

Willie Rosario

músico portorriqueño

Willie Rosario, tamén coñecido como Míster Afinque, nado en Coamo o 6 de maio de 1930 é un músico, compositor e director de orquestra portorriqueño de música salsa.

Willie Rosario
WillieRosario.jpg
Nacemento6 de maio de 1930
 Coamo
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónmúsico e compositor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi criado nunha familia humilde. Seus pais decatáronse do seu potencial musical e fixeron que tomase leccións de guitarra á idade de 6 anos. Recibiu a educación primaria e secundaria na súa cidade natal. A súa nai tamén lle impartiu clases de saxofón, mais el interesouse principalmente pola conga. En 1946, formou unha banda chamada Coamex. Non obstante, un ano máis tarde a súa familia mudouse á Nova York, alugando un apartamento nun gueto de Manhattan coñecido como Spanish Harlem.

Willie Rosario entrou en contacto e tocou a conga para diversas orquestras. Despois de se graduar na escola secundaria, mantivo a súa educación e estudou xornalismo e relacións públicas. Nunha ocasión Rosario visitou o famoso Palladium Ball Room en Nova York, onde Tito Puente tocaba o timbal. Este foi o comezo da súa aventura con dito instrumento.

Véxase taménEditar