William Lassell

astrónomo británico

William Lassell (18 de xuño de 1799 - 5 de outubro de 1880) foi un fabricante de cervexa británico que destacou como astrónomo afeccionado.[1][2][3][4][5][6] De formación autodidacta, descubriu cos seus telescopios (cos espellos que el mesmo fabricou) as lúas Tritón de Neptuno; e Ariel e Umbriel de Urano, así como a de Hiperión de Saturno.

Infotaula de personaWilliam Lassell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1799 Editar o valor em Wikidata
Bolton Editar o valor em Wikidata
Morte5 de outubro de 1880 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Maidenhead (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLiverpool Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña (–1801)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , físico , comerciante Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

A súa vida= De profesión cervexeiro na cidade de Liverpool, interesouse pola astronomía como pasatempo. Lendo os traballos de William Herschel, tivo a idea de construír un telescopio igual ou mellor que o del, pero debido a que non se coñecía a composición exacta da mestura de metais que este utilizaba (segredo que levou á tumba), tivo que efectuar bastantes probas até darse conta de que non sabía facelo. Cando soubo de que un nobre irlandés, Lord Rosse, conseguira igualar e mesmo mellorar o proceso de fabricación de Herschel, fixo que o convidase aos seus talleres e visitouno en 1844; alí observou a delicada técnica da fundición e mestura dos metais, o proceso de arrefriamento lento e o pulido mecánico do espello cunha máquina de vapor especialmente deseñada para tal fin.

Xa de regreso ao seu Liverpool, volveu aos seus experimentos; iniciou a construción dun reflector modesto, de apenas 23 cm de diámetro, que puíu con éxito e deixou completamente listo, instalándoo en Starfield, o seu observatorio particular (1844).

Ao comprobar que un telescopio debía ser, ademais de opticamente bo, plenamente funcional, decidiu instalar o seu espello sobre unha montura ecuatorial do tipo «alemán», tal como fixera Fraunhofer co telescopio do observatorio de Dorpat. O telescopio era facilmente orientable en calquera dirección, o que aumentaba as súas posibilidades (o instrumento de Lord Rosse estaba instalado rixidamente entre dous muros de cachotaría; só podía seguir un astro durante unha hora como máximo, tendo que esperar 24 horas para volver estudalo).

Durante case dous anos traballou co novo telescopio, pero pronto comprobou que necesitaba unha abertura maior para conseguir maior poder de penetración (capacidade para divisar estrelas moi débiles); iniciou e concluíu con éxito un novo espello metálico de 61 cm que instalou, como o anterior, sobre unha práctica montura ecuatorial. Con el puido estudar as estrelas, nebulosas (galaxias) e mesmo os planetas.

Cando soubo do descubrimento dun novo planeta (Neptuno), a noite do 23 de setembro de 1846 decidiu estudalo a fondo co seu potente instrumento; só dezasete días despois do descubrimento do planeta, tempo que necesitou para decatarse da noticia pola prensa, dirixiu o telescopio ao novo planeta e non tardou en descubrir Tritón, o maior satélite de Neptuno, a noite do 10 de outubro de 1846;e efectuou un minucioso estudo sobre o seu aspecto, brillo, movemento e órbita ao redor do planeta.

Animado polo éxito e a fama que lle brindou, continuou as súas observacións de Urano, Neptuno e Saturno; na noite do 18 de setembro de 1848 albiscou unha pequena lúa ao redor de Saturno; foi bautizada como Hiperión, un novo satélite do planeta. Días máis tarde decataríase pola prensa de que fora observado simultaneamente polo astrónomo estadounidense William Cranch Bond; ambos compartiron o descubrimento.

Este novo descubrimento consolidou definitivamente a súa vocación, abandonando para sempre calquera outra ocupación; afondou no estudo dos planetas e, deste xeito, descubriu Ariel e Umbriel, satélites de Urano, en 1851. En 1854 mudouse a Bradstones, preto de Liverpool, onde instalou o seu novo observatorio.

Aínda que o seu instrumento era de excelente calidade, a súa montura perfectamente capaz de efectuar un seguimento apropiado durante horas e o seu método de traballo moi efectivo, non estaba contento; as pésimas condicións atmosféricas inglesas, a contaminación lumínica e o clima impedíanlle traballar adecuadamente; e buscando unha localización mellor decidiu marcharse á illa de Malta, posesión inglesa no mar Mediterráneo, a onde se mudou en 1852 xunto co seu asistente, Albert Marth, máis tarde observador e astrónomo.

Malta resultou ser un lugar excelente para a observación astronómica: ceos puros durante o día e a noite, atmosfera tranquila, ceos transparentes e boas condicións astronómicas ao estar lonxe de calquera núcleo urbano; con todo, a pesar da súa insistencia observacional non puido localizar novos satélites. Despois de varios experimentos, cos cales comprobou o poder de penetración do seu telescopio en astros moi débiles, decidiu que necesitaba un de maior abertura; deste xeito, en 1859 encargou a construción dun espello de 122 cm de abertura, que se debería transportar por partes a Malta.

En 1861, despois da longa viaxe até a illa, a delicada instalación, axuste das distintas partes e pulido final puido instalalo sobre unha montura ecuatorial alemá mellorada, capaz de ser movida facilmente por unha única persoa; con ela realizou abundantes observacións detalladas do planeta Marte, Saturno, Urano e Neptuno, así como dos satélites planetarios; tamén estudou varios cometas e o tránsito do planeta Mercurio sobre o disco solar (novembro de 1868). Ao regresar de Malta instalou o seu observatorio definitivo preto de Maidenhead. Na Nebulosa de Orión (M42) foi capaz de avistar dúas estrelas máis na zona do Trapecio, zona que estudou intensamente durante varios meses.

Polos seus estudos (que publicou en diversas revistas internacionais), investigacións e observacións astronómicas foi laureado coa medalla de ouro da Real Sociedade Astronómica en 1849, e da Medalla Real en 1858. Deu á prensa un artigo (1848) no que informaba publicamente dos seus métodos de tallado e pulido, para que a súa técnica non se perdese; tamén realizou un detallado informe sobre a capacidade de penetración do seu instrumento en canto á habilidade para estudar astros moi débiles.

Artigos e traballos editar

  • Observations of satellites of Saturn, (1848), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 8, p. 42.
  • Description of a machine for polishing specula, (1848), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 9, p. 29.
  • Observations of Lassell's satellite of Neptune, (1849), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 9, p. 103.
  • On the transparency of the faint ring of Saturn, (1852), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 13, p. 11.
  • Observations of the Transit of Mercury, Nov. 4, 1868, (1868), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 29, p. 20.
  • On the space-penetrating power of Mr. Lassell's 2-foot and 4-foot reflectors, (1877), Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 37, p. 124.

Eponimia editar

Notas editar

  1.   "Lassell, William". Dictionary of National Biography (en inglés). Londres: Smith, Elder & Co. 1885–1900. OCLC 2763972. .
  2. "1880AN.....98..207P Page 207/208". articles.adsabs.harvard.edu. Consultado o 2023-11-12. 
  3. "William Lassell" 41 (4). Royal Astronomical Society. 1881: 188–191. Bibcode:1881MNRAS..41..188.. doi:10.1093/mnras/41.4.188. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  4. Huggins, Margaret Lindsay (1880). "The late Mr. William Lassell, LL.D., F.R.S." 3 (43): 587–590. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  5. "The Late Mr. Lassell" 18 (215). 1880: 284–285. Bibcode:1880AReg...18..284. Consultado o 8 de novembro de 2015. 
  6. McFarland, John (2014). "Lassell, William". En Thomas Hockey. Biographical Encyclopedia of Astronomers. New York: Springer Publishing. ISBN 978-1-4419-9917-7. doi:10.1007/978-1-4419-9917-7_828. Consultado o 8 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar