Wikipedia:Votacións para borrar/Ziemassvētki
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Ziemassvētki editar
Artigo sen referencias que aparezan nunha publicación acreditada, como se di na páxina de conversa, de orixe sospeitosa baseado no artigo da wikipedia inglesa no que só hai como referencia un folleto onde só di que os antigos letóns celebraban o solsticio de inverno. É posible que haxa algo de verdade no artigo pero hai moitas posibilidades que esteamos a difundir información falsa (un hoax)
- Borrar
- Borrar. --Sernostri (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 15:57 (UTC)[responder]
- Borrar. --JaviP96 21 de xaneiro de 2014 ás 16:03 (UTC)[responder]
- Borrar--AMPERIO (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 16:07 (UTC)[responder]
- Borrar. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2014 ás 18:57 (UTC)[responder]
- Borrar --Norrin_strange (Fala-me) 27 de xaneiro de 2014 ás 11:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Neutro. Non coñezo se existe tal festa ou non, pero se for así podería moverse á categoría de artigos con problemas en lugar de eliminalo.--Tommyhilfiger (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 19:23 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Procurando información na rede penso que o artigo se pode manter, mais habería que facer algunha especificación:
- Semella que o Ziemassvētki é a denominación que ten o que aquí coñecemos por Nadal en Letonia, visto esto habería que retirar o pasado e especificar (o que vin eu de pasada por Google é que se celebra e é o Nadal, de feito buscando o artigo na wiki letona as interwikis van a Nadal).
- Por outra banda, o Ziemassvētki ben pode vir de celebracións anteriores á cristianización de Letonia, habería que investigalo (posiblemente sexa algo así).
- Con esto quero dicir, o artigo se pode manter se o enfocamos como un artigo do Nadal en Letonia, aínda que non sei ata qué punto especificamos aquí as tradicións nacionais máis aló da nosa realidade. Outra opción é incluír un apartado para outras denominacións no artigo Nadal. A min non me parece mal que incluamos artigos sobre o Nadal noutros países, por exemplo un artigo sobre o Joulu (en Finlandia) pode dar para falar de Joulupukki, do joulurauha, etc, mais depende do enfoque que se lle quera dar ao tema do Nadal, o que está claro é que habería que retocar o artigo, pero claro, se vai quedar, se o ides borrar non paso o traballo. Piquito (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 16:53 (UTC)[responder]
- Se o artigo fose sobre o nadal en Letonia non habería problema ningún, como se podería facer o artigo sobre o nadal en Francia ou Guatemala, coas debidas referencias. A votación é para o artigo co texto actual, se o texto se modifica e as razóns para o borrado desaparecen, a votación penso eu que se tería que suspender, aínda que non sei se iso está especificado nalgún sitio.--Sernostri (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 17:00 (UTC)[responder]
Referencias editar
O artigo levaba xa tres anos co marcador de atención, sen que ninguén deitase luz sobre o asunto e penso eu que hai que tomar unha decisión, ou porlle referencias, (eu non atopei absolutamente nada sobre iso e busquei en ruso -no que puiden que non é moito- e inglés, en letón non xa que non coñezo unha palabra desa lingua) ou eliminalo e eu quedei con esta segunda opción, pero loxicamente se alguén engade referencias de fontes acreditadas ao texto, entón o artigo debería permanecer.--Sernostri (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 20:35 (UTC)[responder]