Wikipedia:Votacións para borrar/Llengües Vives
Llengües Vives editar
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación para borrar o artigo Llengües Vives
Período de votación: {{{inicio}}} - {{{fin}}}
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: borrado |
Este artigo foi creado e eliminado rapidamente por min por estes motivos: artigo que non respecta os principios de wikipedia: falta de punto de vista neutral, wikipedia non é fonte primaria, non verificabilidade, contén texto contra a Galipedia, autopromoción e vangloria. En concreto o artigo comezaba xa forte: A Galipedia non permite o emprego da normativa derivada do Acordo Ortográfico de 2004, que será oficializada en todos os países de lingua oficial galego-portuguesa no ano 2010. Véxase aquí o mesmo texto na nova normativa internacional. Logo de eliminado o artigo foi traducido do portugués por Estevoaei (o texto é moi semellante ó borrado por min).
O artigo é de eliminación rápida, xa que ademais de non ser verificable por ser fonte primaria, o artigo corresponde a unha campaña transwikipédica con intención de autopromoción. O artigo portugués está creado polo mesmo usuario que o creou aquí (ver aquí), que foi o mesmo que o creou en vasco, español, catalán e asturiano. Polo tanto este artigo é de eliminación rápida. Deberiamos loitar contra estas campañas de autopromoción, xa que se permitimos que calquera quede estamos invitando a calquera a crearse o seu propio artigo a medida e a non poder eliminalo por termos admitido outros (o cal, na miña opinión desacredita á Galipedia, e rebáixaa a un sinxelo lugar con artigos, en troques dunha enciclopedia que quere ser unha ferramenta seria e útil, e de calidade). Alberte Si, dígame? 22:39, 12 novembro 2008 (UTC)
- Borrar Alberte Si, dígame? 22:39, 12 novembro 2008 (UTC)
- Borrar Resulta evidente que este non é un artigo enciclopédico senón unha clara publicidade gratuíta. Carece de neutralidade e só achega a liña editorial e os obxectivos da revista. E aínda por riba... eses erros ortográficos que son a miña teima. Pedro --Lameiro (conversa) 23:07, 12 novembro 2008 (UTC)
- Borrar; Claro exemplo de GloriaVa. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 23:19, 12 novembro 2008 (UTC)
- Borrar A única fonte é a revista ElviraConversa comigo 23:28, 12 novembro 2008 (UTC)
- Borrar por non cumprir os requisitos para se manter no wiki tal e como queda claro polas intervencións anteriores. --Prevertgl 22:58, 19 novembro 2008 (UTC)
- Borrar --Xabier Cid Conversa 23:18, 19 novembro 2008 (UTC)