Wikipedia:Votacións para borrar/Lista de cráteres lunares
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Lista de cráteres lunares editar
Votación PECHADA: manter
Período de votación: 25/12/2016 - 2/12/2017
SI: 1 — NON: 5 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: manter |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 25 de decembro de 2016 ás 21:16 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Tradución con problemas de formato do artigo correspondente na wiki española. Non achega máis información nin utilidade do que faría unha categoría ó respecto. --☣Banjo tell me 25 de decembro de 2016 ás 21:16 (UTC)[responder]
- Borrar
- Manter
- Manter. -- Non vexo o motivo de borralo, e ben certo que ten moitas eivas e que necesita unha corrección de formato pero se miramos que hai 20 wikis que teñén algo similar ou aínda peor e non por iso se propoñen borralo pois eu non vexo a razón de borralo. Hai que melloralo si o igual que moitos ouiros artigos e non poriso se propoñen borralos--Alfonso mande 26 de decembro de 2016 ás 09:10 (UTC)[responder]
- Manter. - O artigo é deficiente, pero é mellor isto que nada. Polo menos ten unha lista dos nomes dos cráteres. Nunha categoría da galipedia non virán a non ser que estean as páxinas deles feitas.--Miguelferig (conversa) 26 de decembro de 2016 ás 17:28 (UTC)[responder]
- Manter. Evolucionou desde a proposta. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2016 ás 23:37 (UTC)[responder]
- Manter. --AMPERIO (conversa) 28 de decembro de 2016 ás 12:14 (UTC)[responder]
- Manter. --Jglamela (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 12:45 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario @Alfonso Márquez: Problemas de formato ou estilo á marxe, en tódalas wikipedias, agás na española e nesta tradución, a lista inclúe datos adicionais para cada elemento da lista, como diámetro e epónimo. Esta limítase a ser unha simple colección de ligazóns internas. Unha lista de elementos sen máis información adicional para cada un deles non é necesaria cando xa temos as categorías para realizar esa mesma función. ☣Banjo tell me 26 de decembro de 2016 ás 14:40 (UTC)[responder]
Comentario @Banjo: os artigos na súa maioría empezan sendo boxquexos e os poucos vanse mellorando e nalguns casos incluso chegan a ser artigos de calidade polo tanto eu creo que, se esa é a forma que van collendo, aínda que este artigo nún momento non cumple os estándares, hai que darlle tempo para ver como vai evolucionando, se se lle pode dar forma ou non pero o que non é de recibo e que se marque para borrar sen máis. Ademais é un artigo feito por unha persoa que aínda empeza, se non colaboramos con el e nos dedicamos a borrar o que fixo preguntarase que fai aqui, axudemolo fagamos que se sinta cómodo e vaia aprendendo os poucos pois os que xa levamos aqui uns cuantos anos cando empezamos tamén cometemos erros a esgalla e aínda os cometemos. Se fora un artigo feito por un usuario xa veterano non o duvidaria pero neste caso creo que devemos dar un paso atras e recapacitar--Alfonso mande 26 de decembro de 2016 ás 16:31 (UTC)[responder]