Wikipedia:Votacións para borrar/Historia de Córsega
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Na miña opinión tódolos artigos que sexan obra, totalmente, dun tradutor automático deberían ser inmediatamente borrados. Ademais, neste caso, trátase dun artigo moi extenso e que, polo tanto, contén innumerables erros sintácticos, morfolóxicos, ortográficos e de interpretación do tradutor (como o non recoñecemento dalgúns caracteres e o seu troco por signos de interrogación). Na miña opinión este tipo de artigos, de se arranxar darían moitísimo traballo e animarían a quen os fai a facer máis con dous clics a costa do traballo dos demais, e ademais dan mala imaxe á Galipedia como fornecedora de contidos de calidade. --Alberte (Si, dígame?) 13:54, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar --Alberte (Si, dígame?) 13:54, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar, e concordo co principio xeral de borrado automático, sen máis trámites, das traducións automáticas. Pedro --Lameiro (conversa) 14:50, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar, son da mesma opinión que Lameiro. --Prevertgl 14:59, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar; non teño nada máis que engadir. --Toliño Fala aquí comigo 18:32, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar concordo coa proposta de Alberte. Cando é un artigo moi extenso feito por un usuarío da Galipedia penso que non está ben o borrado automático, é millor polo en votación para borrar. ElviraConversa comigo 19:51, 3 outubro 2008 (UTC)
- Comentario Unha lástima é non poder recuperalo. Tamén concordo coa proposta de Elvire. --Basilio 11:38, 8 outubro 2008 (UTC)