Wikipedia:Votacións para borrar/Estado Libre do Congo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Na miña opinión tódolos artigos que sexan obra, totalmente, dun tradutor automático deberían ser inmediatamente borrados. Ademais, neste caso, trátase dun artigo moi extenso e que, polo tanto, contén innumerables erros sintácticos, morfolóxicos, ortográficos e de interpretación do tradutor (como o non recoñecemento dalgúns caracteres e o seu troco por signos de interrogación). Na miña opinión este tipo de artigos, de se arranxar darían moitísimo traballo e animarían a quen os fai a facer máis con dous clics a costa do traballo dos demais, e ademais dan mala imaxe á Galipedia como fornecedora de contidos de calidade. --Alberte (Si, dígame?) 13:57, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar --Alberte (Si, dígame?) 13:57, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar Pedro --Lameiro (conversa) 14:51, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar. Penso que estes casos son de eliminación rápida (nuns casos inmediata e noutros logo de facer algunhas comprobacións). --Prevertgl 15:02, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar; non teño nada máis que engadir. --Toliño Fala aquí comigo 18:32, 3 outubro 2008 (UTC)
- Borrar concordo coa proposta de Alberte. Cando é un artigo moi extenso feito por un usuarío da Galipedia penso que non está ben o borrado automático, é millor polo en votación para borrar.ElviraConversa comigo 21:42, 4 outubro 2008 (UTC)
- Comentario Borralo? ... Xa que non queda outra alternativa. Unha boa révision do artigo poida que sea suficiente. Sintoo destruir un traballo que custou tantas horas de esforzo... --Basilio 17:24, 13 outubro 2008 (UTC)
- Comentario. Horas de esforzo...?: diso nada! Como Alberte di na introdución desta mesma páxina «... trátase dun artigo moi extenso e que, polo tanto, contén innumerables erros sintácticos, morfolóxicos, ortográficos e de interpretación do tradutor». Arranxalo? Anímote, Basilio, pero case sempre (como xa se dixo en moitas ocasións) dá moito máis traballo arranxalo que comezar de novo de cero. --Toliño Fala aquí comigo 17:41, 13 outubro 2008 (UTC)