Wikipedia:Votacións para borrar/Alberte Suras
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrado do artigo Alberte Suras
Período de votación: 10-12-2008 - 13-1-2009
SI: 4 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: borrado |
Alberte Suras editar
Non sei por que varios, e para empezar eu, cometemos un erro con este artigo. O artigo, que trata do escritor Alberte Suras, foi creado e editado con gran profusión de detalles e valoracións por un usuario chamado User:Alberte Suras (que só editou ese artigo) Iso é motivo de borrado inmediato. Pero o caso é que eu, en primeiro lugar, e logo outros editores, mudamos cousas, recortamos o artigo e puxémolo nun punto de neutralidade bastante aceptable.
Con todo, esquecemos o máis importante: os artigos non poden ser escritos polas mencionados, nin polos seus familiares, nin por persoas que levan a cabo campañas de recuperación, homenaxe ou perpetuación dun nome. Por iso creo que, independentemente da data en que foi creado e do número de edicións que ten o artigo, debe ser borrado. Se non o borro directamente e o traio á páxina de votación é precisamente porque eu fun o primeiro en trabucarme e porque outros me seguiron editando e mellorando o artigo. --Xabier Cid Conversa 15:04, 10 decembro 2008 (UTC)
Borrar editar
- Borrar --Xabier Cid Conversa 15:04, 10 decembro 2008 (UTC)
- Borrar. Concordo co exposto por Xabier Cid, este artigo é dos de que corresponden a eliminación rápida. --Prevertgl 15:16, 10 decembro 2008 (UTC)
- Borrar, e canto antes. Pedro --Lameiro (conversa) 15:32, 10 decembro 2008 (UTC)
- BorrarElviraConversa comigo 18:18, 12 xaneiro 2009 (UTC)
Manter editar
Neutros editar
Comentarios editar
- Comentario Tamén con ben curiosas as intervencións dos usuario:A e Suriña, que só editaron neste mesmo artigo; o primeiro que debería ter sido bloqueado polas súas edicións vandálicas reiteradas. Claro que quizais tamén o propio Alberte Suras. Pedro --Lameiro (conversa) 15:43, 10 decembro 2008 (UTC)