Wikipedia:Listaxe de sinónimos útiles
Ao primeiro, cómpre pór de relevo a dificultade e mesmo o equívoco de falar dunhas opcións preferenciais fronte a unhas palabras de segunda dentro dunha lingua, para o caso a galega; dedúcese disto que calquera termo, unha vez fica considerado oficial polas institucións competentes, posúe igual grao de validez ca calquera outro.
Circunstancias da lingua galegaEditar
Por outra banda, por mor da situación desnormalizada e anómala na que vive o galego, na nosa lingua dáse seguido o problema da perda de léxico e a Galipedia, obviamente, tamén é sensíbel a estas cuestións; así, por exemplo, moitos e moitas galipedistas botan man decote dunhas mesmas e únicas formas, se cadra sinxelamente por ignoraren ou teren esquecido a existencia doutras, ou ben porque dalgunha maneira o que se fai é unha tradución rápida doutra lingua, simplificando a cuestión lingüística quizabes en exceso.
Así as cousas, unha listaxe de sinónimos en lingua galega non deixa de ter o seu aquel, pois facilita a incorporación de numerosas palabras galegas de vello, ofrecendo deste xeito unha maior amplitude á lingua na que se desenvolve a Galipedia e servindo así mesmo de soporte e referencia para aqueles usuarios que queiran traballar tirando proveito dun léxico máis amplo.
Liberdade de escolla e criteriosEditar
Por suposto, cada usuario é libre para escoller unha ou outra opción segundo lle pete; aí xa entra unha mera cuestión de gusto. Tan só unha pequena observación: cómpre facer uso da listaxe cun certo xeito, pois a sinonimia é parcial, o cal implica a necesidade de non perder nunca de vista o contexto no que se emprega cada termo.
- Ao ser esta unha listaxe de sinónimos útiles, cómpre que sexa fornecida con termos de similar rexistro, é dicir, non terían cabida os termos que son formas coloquiais ou familiares ao carón dunha palabra técnica ou culta. Así, por exemplo, non semella demasiado acaído engadir os sinónimos croca, cachola ou chola para cabeza. Outro exemplo podería ser no caso de morrer/finar a inclusión da palabra espichar.
- A listaxe, ordenada alfabeticamente, está conformada de tal xeito que as primeiras formas corresponden, sempre que existe tal posibilidade, ao termo máis próximo ou semellante á lingua castelá, a fin de que sexa máis accesíbel aos usuarios que teñan esta lingua como lingua nai.
- Ao pé da páxina, existe un último punto no que figuran algúns dos termos recomendados pola RAG, sendo as segundas opcións as prioritarias.
Listaxe de sinónimos útilesEditar
O (*) que vai canda uns poucos termos indica que se tratan de palabras en castelán.
AEditar
- a continuación • deseguido • decontado
- a miúdo • decote
- a pesar de • malia
- a punto de • a piques de
- abarcar • abranguer
- abrir • despechar
- acantilado • cantil
- acariciar • acariñar • aloumiñar
- acendedor • chisqueiro
- acerca de • sobre • en canto a • canto a • no tocante a • verbo de
- ademais • amais
- adorno • adobío • afeite • enfeite
- adular • afagar
- afeccionado • seareiro
- afialapis • aguzalapis
- agruar • aturuxar • ufar
- agrura • agrume
- ala • á
- alboroto • balbordo • barullo
- alegre • ledo • gaio
- alivio • desabafo
- alga • ouca
- almofada • chumazo • cabezal • cabeceiro
- alpendre • alboio
- amañecer • amencer • alborexar • espontar
- amparo • abrigo • abeiro • acubillo
- animar • afoutar
- aniversario • cabodano (o da morte)
- ansiar • devecer • eslumecer
- antepasado • devanceiro
- anoitecer • empardecer
- antes (inmediatamente antes) • denantes
- anular (dedo) • maimiño
- anzol • amocelo
- ao final • ao cabo
- ao lado de • ao carón de • a rentes de
- ao longo de • ao correr de
- ao mesmo tempo • asemade
- ao parecer • disque • seica
- apartar(se) • afastar(se)
- apertar • estrullar
- aprazar • pospor • adiar
- apropiado • axeitado • acaído
- aprovisionar • prover • fornecer
- arcadas (referidas ao vómito) • vascas
- arrabalde • alfoz
- arrimar(se) • arrexuntar(se)
- asfixiante • abafante
- asombro • abraio
- avalar • afiuzar
- ata • até • deica (só cando hai punto de partida)
- ataúde • cadaleito
- azulado • gacio • garzo
BEditar
- baía • badía
- banquete • pándega
- bastón • caxato
- bazofia (comida moi mala) • galdrumada
- belota • landra
- bendicir • beicer
- bendito • bieito
- bisagra • aldraba
- bonito • feitiño
- borracho • bébedo
- bosta • bostarega • buleira
- brando • mol
- branquear • albear
- broma • brincadeira
- brotar (planta) • agromar
- bucina (claxon*) • buguina
- burbulla • gurgulla
- burlar(se) (facer mofa) • moquear(se)
- busca • procura
CEditar
- cabezón (obstinado) • teimudo • teimoso
- cada un • cadaquén
- cadanseu/cadansúa • cada un o seu/cada un a súa
- caixón • estoxo • gabeta
- calafrío • arrepío • arreguizo
- calcetín • peúgo
- cambiar • mudar • trocar
- camiñada • andaina
- camiño • vieiro • carreiro
- cara • faciana
- cariñoso • tenro • agarimoso
- cascabel • axóuxere
- castañal • castiñeira
- castizo • enxebre
- catapulta • bésta
- catarata • fervenza • ruxidoira • seimeira • cachoeira • pincheira
- cavilar • matinar • cismar
- cazo • cazola • pota
- cebada • orxo
- cervo • veado
- charla • leria
- charlar • parolar • leriar
- charlatán • falangueiro • lingoreteiro
- chispa • faísca
- chocar • bater
- chuvia • choiva
- cinza • borralla
- cirola • ameixa
- clérigo • crego
- cóctel • combinado
- colgar • pendurar
- coma • vírgula
- comarca • bisbarra
- comida (a do mediodía) • xantar
- comparación • comparanza • cotexo
- comparado con • comparante a
- con moderación (lentamente) • devagar • amodo • paseniño
- con motivo de • co gallo de
- con seguridade • de certo • con certeza
- conversación • conversa
- costelar • costeleiro
- cousiña (pequena ou sen importancia) • miudallo
- cóxegas • coscas • deligras • celigras
- crecer • medrar
- cume • cumio • cima • bico
- curandeiro • menciñeiro
- curvar • arquear • alombar
DEditar
- danar (botar a perder) • estragar
- danés • dinamarqués
- darse de conta • decatarse • reparar en
- debilidade • fraqueza • frouxidade
- debut • estrea
- decibelio • decibel
- dedal • alferga
- defecto • eiva
- demoño • demo • diabro
- denegar • desbotar • rexeitar
- derribar • derrubar
- desastre • desfeita • desorde
- descanso (descansillo*) • relanzo
- descubrimento • descuberta • achado
- desembocadura • foz
- desde que • des que
- desgraciado • malpocado
- desperdicio • refugallo
- despreocupado • desleixado
- destacado • sobranceiro
- diabrura • falcatruada • trasnada
- difundir • espallar
- diñeiro • cartos
- díscolo • rabudo
- discordia • desavinza
- dislocar • estordegar
- distender • escordar
- disputa • rifa
- divisar • albiscar
- dosificación • dosaxe
EEditar
- eloxiar • encomiar • gabar • loar
- en abundancia • a esgalla • a cachón • a varrer • a embute • arreo • a dar co zoco
- en cambio • en troques
- en favor de • a prol de
- en moi pouco tempo • axiña
- en vez de • no canto de
- encamiñar • encarreirar
- encantador • gaioleiro
- encima • enriba
- encontrar • atopar • achar
- enfado • anoxo
- enfermidade • doenza
- enlace • ligazón
- enlearse • ensarillarse • encerellarse
- enredo (desorde) • marfallada • chafallada
- ensinar (compartir sabedoría) • aprender
- ensinar (mostrar) • amosar
- entremeterse • inmiscirse
- entumecer • engabuñar
- esconder • agachar • agochar • acochar
- escorrer • babuxar
- escuridade • negror • negrura
- esencia • celme
- esparexer • ciscallar • ciscar • espallar • estrar
- espertar • acordar
- espiar • espreitar • asexar
- esposo • marido • home • cónxuxe
- esposa • dona • muller • cónxuxe
- espuma • escuma
- esquina • curruncho • recuncho • recanto
- estancia • estadía
- estante • andel
- estela (astilla*) • acha
- esterco • cuito
- estrábico • birollo
- esvarar • escorregar • esborrexer
- excepto • agás • salvo • quitado • sacado • tirante
- exhausto • esgotado
- expectorar • esgarrafexar
FEditar
- fácil • doado
- *faladoría (invención) • andrómena
- *faladoría (rumor) • ruxerruxe • dixomedíxome
- faldra • saia
- falso (traidor) • suíño
- falecemento • pasamento
- fama • sona
- famento • esfameado
- fedento • fedorento
- felicitación • parabén
- ferir • magoar
- ferramenta (agraria) • apeiro • aveño • trebello
- finalizar • rematar
- fogo • lume
- folgazán • vago • lacazán • lacaeiro • lampantín • galbán • preguiceiro
- forma • modo • maneira • xeito
- forma (aspecto) • feitura • feitío
- fronteira • límite • raia
GEditar
- gana • arela • desexo
- garra • gadoupa
- garrotillo • crup
- globo ocular • bugallo do ollo
- gota • pinga
- gotear • gotexar • pingar
- grito • berro
- guantes • luvas
- guarnición • gornición
- guieiro • guía
HEditar
- habitación • cuarto
- habituar(se) • acostumar(se) • afacer(se)
- hiperactivo • bulebule • fuxefuxe • fervellasverzas
- honrado • fiucego
- horripilante • arrepiante
IEditar
- impedido (fisicamente) • tolleito • eivado
- incumbir • atanguer • atinxir
- índice (dedo) • furabolos • mostreiro
- iniciar • empezar • comezar • principiar
- investigar • pescudar • esculcar
- ira • carraxe
- irritar (exasperar) • alporizar
KEditar
- K.O. • fóra de combate
LEditar
- labia • verba
- labio • beizo
- labrador • labrego • campesiño • agricultor
- lágrima • bágoa
- lameiro • lamazal • lodeiro • bulleiro • braña
- lamentar(se) • laiar(se)
- lanzar • guindar • arrebolar
- levantar • erguer
- liberar • ceibar
- lista • listaxe
- lodo • lama
- lograr • acadar
- loucura • tolemia
MEditar
- manco • maneto
- mandíbula • queixada
- mareira • maruxía
- máscara • anteface • carauta
- meixela • fazula
- mentireiro • mentirán
- mentres • entrementres • namentres
- mercurio • azougue
- miar (maullar*) • miañar • maiar
- minguar (diminuír un caudal) • devalar
- moderadamente • amodo
- molestar • amolar • enfastiar
- moneco • boneco
- montón • morea
- moreno • mouro
- morrer • finar
- mozo • novo • rapaz
- murmurar • rexoubar
- muxir • munguir
NEditar
- nada • ren (como obxecto directo e en frase negativa)
- naquel tempo • xacando • daquela
- necidade • baballada • parvada
- neno • pícaro • cativo • meniño
- nidio • nítido
- noitiña • lusco e fusco • bocanoite
- non obstante • porén • no entanto
- noutra parte • xalundes
- nordeste • nordés
- nu • espido • en coiro(s) • en porrancho
- nunca • xamais • endexamais
OEditar
- obsesión • teima • cisma
- obstáculo • atranco
- obter • acadar
- ocio • lecer
- oír • ouvir
- opresión • asoballamento
- opinar • coidar
- oración • pregaria
- ordenar (pór en orde) • aviar
- orgulloso • fachendoso
- orificio • furado • buraco • burato
- outeiro • cotarelo
- oxidar • enferruxar
PEditar
- padal • ceo da boca
- papeiras (doenza) • orellóns
- parecido • similar • semellante
- pastor • pegureiro
- pedazo • cacho • porción • anaco • trisco
- pedregoso • pedroso
- pegar • zoscar • mallar
- pelar • espelicar • estonar
- película • filme
- pena (aflición) • mágoa
- penca (mancha cutánea) • marxa
- percha (perchero*) • colgadoiro
- perexil • pirixel
- personalidade (persoa de relevancia) • persoeiro
- pestana • perfeba
- picadura • picadela
- piropo • afago
- pisada • pegada
- piso • planta • andar
- pitar • asubiar • chifrar
- planicie • chaira
- polo tanto • xa que logo • xaora
- por todos os sitios • a torto e a dereito • aquí e acolá
- por outro lado • por outra banda • doutra banda
- portavoz • voceiro
- preocupación • desacougo
- presa • encoro
- presaxio • agoiro
- presuposto • orzamento
- prima/o • curmá/án
- proído (escozor*) • rañeira
- prólogo • proemio
- prolongar • delongar
- puñado • manchea
- pupila • meniña do ollo • santiña do ollo
- pusilánime • apoucado
QEditar
- quebra • creba
- quebranoces • escachanoces
- quedar • ficar
- quentamento • quecemento
- quieto • quedo
- quiñentos • cincocentos
- quizais • quizabes • talvez • se cadra • poida que
REditar
- raciocinio • xuízo • sentidiño
- rabecha • perrencha
- rabia • xenreira
- raia (liña do peiteado) • carreiro
- rama (árbore) • póla
- rastro • ronsel
- recordar • lembrar
- regalo • obsequio • agasallo
- remover • mexer
- replicar • retrucar • retrousar
- repugnancia • noxo
- resaltar • salientar
- resío • orballo
- reunión • xuntanza
- rezar • pregar
- rezumar • zumegar • chusmigar
- rubio • louro
- ruidoso • algareiro
SEditar
- salamántiga • píntega • pinchorra • sacabeira
- salpicar • zarrapicar
- salto • brinco • chimpo • chouto
- sarabia • salpedrés • salabreada • pedrazo
- seco • enxoito
- sega • seitura
- semente • sementeira
- sen orde • ao chou • sen xeito nin maneira • á toa • ás toas
- sen tino • a barullo
- sequidade • secura • seca
- sífilis • lúes
- silencioso • silandeiro
- simple • sinxelo
- singular • senlleiro
- soidade • señardade
- solo • chan
- somerxerse • mergullarse
- sopapo • labazada • lapote
- soportar • aturar
- suave • lene
- submarinista • mergullador
- sucidade • lixo • porcallada
- suficiente • abondo
- suceder • pasar • ocorrer • acontecer
TEditar
- taller (artesanal) • obradoiro
- tartamudo • tatexo • zarapeto • gago • zarzallo
- tedio • aburrimento • fastío
- tópico • clixé
- torcido • curvo • pando
- torpe • zoupón • zoupeiro
- traba • pexa • impedimento
- trago • grolo • goto • chopo
- tranquilizar • apazugar • acougar
- transcorrer • discorrer • decorrer
- transcurso • decurso
- trapo • farrapo
- tremer • tremelicar
- truán • moinante
- tunda • malleira
UEditar
- último (que pecha a lista) • derradeiro
- ultramar • alén mar
- un pouco • un chisco • unha miga • un pedazo • un bocado
- urina • ouriños • mexo (coloquial)
- usureiro • logreiro
- utilizar • usar • empregar
VEditar
- vaidade • fachenda • orgullo
- vaidoso • fanfurriñeiro
- vaguear • zangonear • tangonear
- valente • baril
- ventá • fiestra • xanela
- ventada • aireada • refacho • lufada
- verán • estío
- verdoso • verdello • verderolo
- vigoroso • correúdo • rexo
- voda • casamento • casoiro (col.)
XEditar
- xactancia • chularía
- xamoneiro • pernileiro
- xesto • aceno
- xirar • virar
- xoia • alfaia
- xordeira • xordén
ZEditar
- zafar(se) • escapulir(se)
- zinc • cinc
- zunido • zunzún
- zurdo • esquerdo • manicho
- zurrar • zorregar
RecomendaciónsEditar
- amistade -> amizade.
- amistoso -> amigable / amigábel.
- cruño -> cuño.
- desfrutar -> gozar.
- desfrute -> gozo.
- estadística -> estatística.
- esquirol* -> crebafolgas.
- gardaría -> xardín de infancia (valen ambas, pero o primeiro termo é desprezativo)
- grúa -> guindastre
- koala -> coala.
- noria -> nora.
- noutronte -> antonte.
- nubarrón -> nubeiro.
- saragana, saraiba -> sarabia.
- suliñar -> subliñar.
- toupo -> toupa.
- xabarín -> xabaril.
Máis información relacionadaEditar
- Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos, de Luís Castro Macía. Xerais. 2006.
- Dicionario de sinónimos da lingua galega en Google Books. Editorial Galaxia. Vigo, 1997.