Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Imaxe:Palleiro.JPG
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Imaxe:Palleiro.JPG editar
- Información: imaxe creada por PepedoCouto e cargada por PepedoCouto; proposta por Lmbuga.
- Información: (Proposta de datos) Palleiro en Cerdido, provincia da Coruña. Vexa o artigo Agricultura de Galicia--Lmbuga Commons - Galipedia 20:04, 21 outubro 2008 (UTC)
- Concordo. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:04, 21 outubro 2008 (UTC)
- Concordo. Resulta incrible que aínda quede xente que saiba erguer un palleiro tan feitiño. Pedro --Lameiro (conversa) 20:16, 21 outubro 2008 (UTC)
- Concordo Os palleiros que eu conocín non levaban nada na cima, esique non sei proque iste ten un aparato redondo arriba ! ElviraConversa comigo 21:01, 21 outubro 2008 (UTC)
- Comentario Ese aparello (unha roda, costre, corda, etc) pretende pecha-las pallas do cumio do palleiro ben atadas ó chuzo do palleiro (o pau cravado na terra que sostén o palleiro). Eu si que o lembro ter visto sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 22:05, 21 outubro 2008 (UTC) (Poís seria eu mui pequena e non veria as cumes dos palleiros ! Grazas pola esplicación Lameiro ElviraConversa comigo 22:38, 21 outubro 2008 (UTC))
- Concordo Miguel.lima 21:38, 21 outubro 2008 (UTC)
- Comentario O aparello é unha roda de motocicleta, e o home que o fixo creo que tiña 74 ou 78 anos. El soíño ergueu o palleiro.--PepedoCouto 13:30, 22 outubro 2008 (UTC)
- Comentario Non en todas partes se coroan os palleiros con obxectos. É máis: eu nunca os vin facer co chuzo do que fala Lameiro, aínda que debe ser o método máis común.Furagaitas* 20:29, 23 outubro 2008 (UTC)
- Concordo. Outra das boas imaxes de PepedoCouto. --Prevertgl 08:52, 24 outubro 2008 (UTC)
- Concordo --Alberte Si, dígame? 22:46, 26 outubro 2008 (UTC)