Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2010

Unha tarxeta de nadal é unha tarxeta de felicitación que se envía a familiares, amigos ou clientes para desexarlles un bo nadal, tradicionalmente envíabase polo correo, dentro dun sobre ou franqueada como postal, xa unhas semanas antes do día de nadal, coa chegada de internet tamén se utiliza este medio para mandalas. Normalmente utilízase unha frase feita, en galego Bo Nadal e Feliz Aninovo. A primeira tarxeta comercial de nadal débese a Henry Cole, colaborador de Rowland Hill, e a ilustración é do pintor John Callcott Horsley. O debuxo amosa unha familia, incluíndo un cativo, bebendo viño e unha cadeira baldeira, nas beiras aparecen agasallos, de roupa e comida, entregados aos pobres.