Rowland Hill

profesor e reformador social británico

Rowland Hill, nado o 3 de decembro de 1795 e finado o 27 de agosto de 1879, foi un profesor e reformador social británico. Coñecido pola reforma do sistema postal británico, baseado no selo postal que debía pagar o remitente do envío e que acabou sendo adoptado internacionalmente como base do sistema postal moderno.

Rowland Hill
Rowland Hill photo crop.jpg
Nacemento3 de decembro de 1795
Lugar de nacementoKidderminster
Falecemento27 de agosto de 1879
Lugar de falecementoHampstead
SoterradoAbadía de Westminster e cemiterio de Highgate
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Ocupaciónmestre, político e inventor
PaiThomas Wright Hill
NaiSarah Lea
CónxuxeCaroline Pearson
IrmánsMatthew Davenport Hill, Arthur Hill, Edwin Hill e Frederic Hill
Premiosmembro da Royal Society, Knight Commander of the Order of the Bath, Albert Medal, Ordem do Banho e American Philatelic Society Hall of Fame
Na rede
WikiTree: Hill-23951 Find a Grave: 7081 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Rowland Hill

TraxectoriaEditar

Fillo de Thomas Wright Hill, profesor de ideas innovadoras, Rowland deu clase na escola do seu pai e traballou como secretario da Comisión de Colonización de Australia do Sur (1833-1839). Interesado pola reforma do sistema postal británico, onde as fraudes eran habituais xa que o que tiña que pagar o envío era o destinatario, o que causaba que moitas veces o envío non se recollese e polo tanto os gastos de transporte non se cubrían ou mesmo se utilizaban contrasinais no exterior do envío para dar información ao destinatario sen precisar recoller o envío e polo tanto pagalo, publicou en 1837 o folleto Post Office Reform: its Importance and Practicability propugnando o establecemento dunha taxa uniforme e baixa baseada no peso e non nos quilómetros percorridos e pagada polo remitente. Hill enviou o seu proxecto ao goberno e creouse un comité de estudo na Cámara dos Comúns para o seu estudo e o seu plan foi aprobado en 1839 polo que foi cotratado por dous anos para poñelo en marcha. En 1840 estaba en marcha a reforma, primeiro cun sobre prepagado deseñado por William Mulready que non tivo moito éxito e foi amplamente satirizado por consideralo de mal gusto e axiña co primeiro selo postal, o Penny Black que foi un éxito inmediato.