Abrir o menú principal

Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2019

Bufo periglenes1.jpg

Dende a década de 1980 estase a producir un dramático declive nas poboacións de anfibios arredor do mundo, caracterizado polo colapso nas poboacións de anfibios e pola extinción masiva localizada. No ano 1993, as poboacións de máis de 500 especies de ras e píntegas dos cinco continentes presentaban un declive na súa poboación. O declive dos anfibios está afectando a milleiros de especies en toda clase de ecosistemas, polo cal foi sinalado como unha das grandes ameazas da biodiversidade global.

En realidade o declive dos anfibios xa se empezou a detectar en Europa desde a década de 1950, pero os científicos non consideraron que isto puidese supoñer extincións masivas ata a década de 1980, xa que se pensaba que podían ser flutuacións naturais habituais nas poboacións. Hoxe crese que o problema persistirá durante longo tempo.

Os declives e extincións masivas nas poboacións de anfibios son un problema local con complexas causas globais. Entre as causas atópanse: aumento no índice de raios ultravioletas (por mor do debilitamento da capa de ozono), novos depredadores nos ecosistemas actuais (especies introducidas), fragmentación e perda de hábitat, toxicidade e acidez ambiental, doenzas emerxentes, cambio climático e interaccións entre todos estes factores.