Barco Branco

(Redirección desde «White Ship»)

O Barco Branco (cuxo nome orixinal en francés era Blanche-Nef, tamén coñecido polo seu nome en inglés "White Ship") foi un barco real normando que se afundiu na canle da Mancha (Normandía) preto da costa de Barfleur, o 25 de novembro de 1120.

O naufraxio do White Ship

Guillerme Adelin morreu durante o naufraxio, o único fillo lexítimo do rei Henrique I de Inglaterra, xunto á súa corte. Guillerme de Malmesbury escribiu: "Aquí tamén morreron con Guillerme Adelin, Richard, outro dos fillos do rei, a quen unha muller sen rango déralle, antes da súa adhesión un mozo valente e querido polo seu pai pola súa obediencia, Ricardo de Avranches, segundo Conde de Chester, e o seu irmán Otheur, Geoffroy Ridel, Gauthier d'Évrecy, Geoffroy, Arcediano de Hereford, a condesa de Chester, a sobriña do rei Lucia Mahaut de Blois, e moitos outros... Ningún barco trouxera tanta miseria a Inglaterra". Só sobreviviu unha persoa.

As causas do accidente seguen sendo descoñecidas. As condicións meteorolóxicas e as correntes na canle da Mancha durante o inverno serían a causa máis probable.

Estevo de Blois sobreviviu á catástrofe xa que decidiu ceder a viaxe ao seu fillo pouco antes da saída. Coa morte de Guillerme Adelin, Estevo converteuse no competidor máis forte para herdar a Coroa de Inglaterra, que finalmente logrou no 1135.

Naufraxio editar

O Blanche-Nef era un barco novo propiedade de Thomas Fitz Estienne (fitz significaba "fillo"). O pai de Thomas, Estienne Airard, fora capitán de barco de Guillerme o Conquistador, cando invadiu Inglaterra o 1066. Ofreceuse a Henrique I de Inglaterra, que o usou para volver a Inglaterra desde Barfleur. Henrique xa fixera os preparativos da viaxe, pero suxeriu que o seu fillo Guillerme Adelin viaxase no seu lugar.

Pero cando saíu na escuridade da noite, o seu costado de babor chocou contra unha roca mergullada (esta pedra aínda pode ser vista desde os cantís de Barfleur), e o barco afundiuse rapidamente. O único sobrevivente coñecido foi un carniceiro de Ruan que foi recollido polos pescadores á mañá seguinte.

No relato da catástrofe, o cronista Orderic Vitalis afirmou que cando Thomas FitzStephen saíu á superficie despois do afundimento e soubo que Guillerme Adelin non sobrevivira, deixouse afogar en lugar de enfrontarse ao rei. A exactitude deste relato é dubidosa xa que describe lúa chea, pero as táboas do ceo da NASA, que inclúen axustes baseados no Calendario Gregoriano ao Calendario Xuliano en uso durante o século XII, mostran que a lúa era en realidade nova aquela noite.

A causa do naufraxio segue sendo incerta. Diversas historias culpan da súa perda a unha bebedeira da tripulación e os pasaxeiros (suxírese tamén que o capitán se atreveu a tentar adiantar a nave do Rei que estaba diante deles), e menciona que aos sacerdotes non se lles permitiu bendicir o barco da maneira afeita. Non obstante todo isto, a canle da Mancha é un tramo moi perigoso.

Guillermo de Nangis escribiu que o White Ship afundiuse porque todos os homes que viaxaban a bordo eran sodomitas, que reflicte a crenza medieval que o pecado causa a peste e o desastre.[1][2]

Repercusións editar

Artigo principal: Anarquía de Inglaterra.

Estevo de Blois, sobriño do rei Henrique por parte da súa irmá Adela, desembarcou pouco antes que o navío partira. Orderic Vital atribúe o seu desembarco a un súbito ataque de diarrea. Como consecuencia directa da morte de Guillerme, Estevo usurpou máis tarde o trono Inglés, resultando no período coñecido como a Anarquía de Inglaterra. Os baróns Ingleses resistíanse a aceptar a Matilde como a raíña rexente, animando a Estevo a usurpar o trono.

Robert Lacey, sinalou que o White Boat foi o Titanic da Idade Media, a alta tecnoloxía do barco na súa viaxe inaugural, naufragou debido a un obstáculo natural previsible no exercicio temerario de velocidade".[3]

Notas editar

  1. ’’Chron.’’ in Rolls series, ed. W. Stubbs (London, 1879), vol. 2, under A.D. 1120.
  2. Codex Justinian, nov. 141
  3. Lacey, Great Tales from English History (2003)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar