Westworld

filme de 1973 dirixido por Michael Crichton

Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973.

Westworld
Ficha técnica
Título orixinalWestworld
DirectorMichael Crichton
ProdutorPaul N. Lazarus III
GuiónMichael Crichton
Intérpretes
MúsicaFred Karlin
FotografíaGene Polito
MontaxeDavid Bretherton
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea17 de agosto de 1973
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWéstern e ciencia ficción
Orzamento1,2 millóns de dólares[1]
Recadación10 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0070909 Filmaffinity: 731577 Allocine: 56130 Rottentomatoes: m/westworld Allmovie: v53970 TCM: 2748 Metacritic: movie/westworld TV.com: movies/westworld Editar o valor em Wikidata

O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG)[3] e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.

Sinopse editar

En 1983, o parque de atraccións de Delos permite aos seus visitantes atoparse na época da súa elección (romana, medieval ou a conquista do occidente dos EEUU (The Westworld, 1880),[4] no medio de robots case humanos.

A historia segue a dous homes de negocios, interpretados por Richard Benjamin e James Brolin, que optaron por pasar uns días no vello Far West. Ademais, tamén se ilustran as aventuras dun terceiro fan do western, interpretado por Dick Van Patten, e dun home maior que optou pola Idade Media. A pesar de todas as precaucións e medidas de seguridade adoptadas neste parque de atraccións hiperrealista, a súa estadía non será exactamente a esperada; pouco a pouco, o centro de control perde toda a potencia sobre as máquinas.[5]

Personaxes editar

Rodaxe editar

 
Greenacres, a antiga propiedade de Harold Lloyd

Westworld filmouse en só trinta días utilizando cámaras Panavision equipadas con lentes anamórficas creadas polo fotógrafo Gene Polito. A rodaxe tivo lugar no deserto de Mojave, no suroeste de California, na antiga propiedade de Harold Lloyd en Greenacres en Benedict Canyon, ao oeste de Beverly Hills, nos Ánxeles, así como en varios estudos de Metro-Goldwyn-Mayer e nos estudos de Burbank.[6]

A posprodución levou de doce a trece semanas, cinco semanas para o "corte do director".[6]

A partitura da película nun disco de 33 rpm está integramente composta polo compositor Fred Karlin. Mestura de música occidental e electrónica,[7] usando un piano preparado, compás infrecuente, disonancia e todos os instrumentos de percusión a miúdo en polirritmo que ten o efecto de caos mecánico.[8]

Tratamento dixital de imaxes editar

Westworld foi a primeira película en utilizar o procesamento dixital de imaxes. As imaxes xeradas por ordenador foron feitas por Information International, Inc. (Triple-I). A escena en cuestión é un plano longo de 2 minutos destinado a simular o punto de vista electrónico do personaxe de Brynner, o robot asasino.[9]

Crichton explica que quixo dar un toque distintivo á visión do androide cando o espectador está no seu punto de vista e inspirado na película de Stanley Kubrick, 2001: Unha odisea do espazo, concretamente a escena que se atopa dende o punto de vista de HAL 9000. Pero Crichton non quería só usar un lente gran angular, como fixera Kubrick cinco anos antes, senón mostrar a perspectiva do seu vilán como a máquina electrónica que debía ser.

Despois de contactar co Laboratorio de Propulsión a Chorro, o procesamento dixital parecía imposible debido ao seu alto custo, 200.000 dólares por 2 minutos de imaxes fronte ao orzamento de 1,25 millóns, e unha gran cantidade de tempo, aproximadamente 9 meses. A oportunidade xurdiu cando Crichton, xunto con John Whitney Jr., contactaron con Information International, Inc. co fin de acceder aos laboratorios en horario nocturno para completar a animación de xeito moito máis rápido e económico.[10]

Whitney propuxo o uso dun efecto sinxelo, que acabaría aparecendo na película, que consistía en dividir cada imaxe en pequenos cadrados e calcular a cor media en cada zona. Isto fixo que a toma de alta calidade aparecese pixelada. O procesamento levou unhas 8 horas por cada 10 segundos de secuencia, xa que cada unha das tres cores primarias máis unha capa de branco e negro tiveron que ser separadas.

Despois de 2 meses de traballo no procesado dixital a secuencia estaba lista, quedando só dúas semanas para a estrea da película.

Na secuela de Richard T. Heffron Futureworld, as imaxes tridimensionais foron utilizadas por primeira vez no cine.

Premios e nomeamentos editar

Candidaturas editar

  • Science Fiction and Fantasy Scripts of America 1974: Premio Nubela á mellor proxección dramática
  • Premio Hugo 1974: Premio á mellor proxección dramática
  • Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films 1975: Premio Saturn á mellor película de ciencia ficción.

A película estivo en competición no Festival Internacional de Cine Fantasía de Avoriaz de 1974.

Notas editar

  1. Crichton p x
  2. GELMIS, JOSEPH (4 de xaneiro de 1974). "Author of 'Terminal Man' Building Nonterminal Career: CRICHTON". Los Angeles Times. p. d12. 
  3. La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1995. Páx. 87
  4. Para destacar a alusión aos catro mundos de Disneylandia: Adventureland, Frontierland, Fantasyland e Tomorrowland, o propio Disney inspirouse en exposicións universais como a de Chicago en 1893 que ofrecía aos visitantes o descubrimento de "mundos" (Oriente, India, etc.), primeiro para a Feira Mundial de Nova York de 1964 e logo para Walt Disney World.
  5. "Movie Reviews". The New York Times (en inglés). 2022-09-01. ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-03. 
  6. 6,0 6,1 (en inglés) "Article". tcm.com. 
  7. (en inglés) "Westworld". Film Score Monthly. 
  8. (en inglés) "Westworld". allmusic.com. 
  9. Fries, Lisbeth (1973-11-01). "Growth stimulating effects of the bromophenol, lanosol, on red algae in axenic culture". Experientia (en inglés) 29 (11): 1436–1437. ISSN 1420-9071. doi:10.1007/BF01922863. 
  10. Westworld. Londres: British Film Institute. 2013. p. 197–198. ISBN 978-1-84457-457-5. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar