West Area Computers

A unidade chamada West Area Computers (Calculistas da área Oeste) era un grupo completamente afroamericano de mulleres matemáticas que traballaron no Langley Research Center da NACA (predecesora da NASA) desde 1943 até 1958. O grupo, un subconxunto dos centenares de mulleres matemáticas que empezaron a carreira de investigación aeronáutica durante a segunda guerra mundial, estaba orixinalmente suxeito ás leis Jim Crow de Virginia, estando obrigadas a utilizar baños e cafetarías segregados.[1]

Durante a década de 1940 o Langley Research Center da NACA comezou a recrutar mulleres afroamericanas con títulos universitarios, para traballar como calculadoras humanas ou calculistas. As responsabilidades da West Area Computers incluían o procesamiento de datos, así como colaborar con outros equipos da NACA sobre unha base temporal, segundo fóra necesario.[2]

Segundo un estudo non publicado da profesora Dr. Beverly E. Golemba sobre os primeiros computadores de Langely, os outros grupos de mulleres non sabían nada sobre as West Area Computers.[3] Aínda así, tanto as mulleres, brancas como as de cor entrevistadas polo Dr. Golemba, lembraron que cando os equipos de ambos grupos foron asignados a un proxecto conxunto, "todas traballaron conxuntamente á perfeccíón”.[4][2][5]

Supervisadas orixinalmente por mulleres brancas, en 1949, a NASA finalmente puxo ao mando á matemática Dorothy Vaughan, converténdose na primeira directora afroamericana a cargo do grupo. Dorothy Vaughan traballou en Langley desde 1943 até o seu retiro en 1971.[6]

En 1958, cando a NACA fixo a súa transición á NASA, as instalacións segregadas, incluíndo as oficinas das West Area Computers, foron abolidas.[7]

Mulleres notables editar

A matemática Katherine Johnson, que foi condecorada en 2015 coa Medalla Presidencial da Liberdade, uniuse ao grupo das West Area Computers en 1953. Sendo posteriormente reasignada ao Langley Flight Research Center, onde fixo un gran traballo que inclúe a análise da traxectoria para o voo orbital do astronauta John Glenn no Proxecto Mercury MA-6.[8] Mary Jackson tamén traballou na Unidade das West Area Computers, baixo a dirección da matemática Dorothy Vaughan, O traballo destas tres mulleres (Vaughan, Johnson, e Jackson -entre outros centenares de mulleres) foi rememorado na película de 2016 Hidden Figures.

Protesta contra a segregación editar

Algunhas das Computadoras do Oeste participaron en pequenos actos de protesta contra a segregación en Langley. Moitas producíronse no comedor segregado, xa que ás mulleres de cor prohibíaselles entrar na cafetería dos brancos. Miriam Mann retirou repetidamente os carteis que indicaban onde podían sentar as "mozas de cor" para comer. [9]Tanto Katherine Johnson como Mary Winston Jackson negáronse a utilizar as cafeterías segregadas e comían exclusivamente nos seus pupitres. Katherine Johnson tamén se negou a utilizar os baños segregados, xa que estaban no lado oposto do campus, polo que utilizou un baño non sinalizado.[9] Despois de descubrir que os homes do seu equipo asistían a reunións para compartir información importante sobre as súas tarefas actuais, Katherine Johnson tamén comezou a asistir a estas reunións a pesar de que ningunha outra muller foi convidada a participar. Participou intensamente nestas reunións facendo preguntas e participando nos debates.

Christine Darden converteuse en enxeñeira despois de demostrar que posuía todas, se non máis, as habilidades dos enxeñeiros masculinos e pediu ser trasladada ao grupo de enxeñeiros en lugar de seguir sendo unha informática.[10] Gloria Champine dende a Oficina de Igualdade de Oportunidades apoiou o ascenso de Darden.[11]

Notas editar

  1. http://crgis.ndc.nasa.gov/historic/Human_Computers
  2. 2,0 2,1 https://crgis.ndc.nasa.gov/historic/Human_Computers
  3. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de febrero de 2017. 
  4. "“Panel Discussion with Women Computers” NASA Langley videotape". 13 de diciembre de 1990. 
  5. Beverly Golemba, Human Computers: The Women in Aeronautical Research, unpublished manuscript 1994, NASA Langley Archives
  6. "Dorothy Vaughan Biography" (en inglés). 22 de noviembre de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  8. https://www.aip.org/sites/default/files/history/files/AIP-West-Area-Computers-Handout.pdf
  9. 9,0 9,1 Zing, Tsjeng (2018)
  10. Martí, Anna (2017-06-21). "El reto era ser ingeniera en la NASA, lo logró y le supo a poco: Christine Darden, la maga del "sonic boom"". Xataka (en castelán). Consultado o 2021-05-13. 
  11. Shetterly ML (2017)

 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar