Dorothy Vaughan

matemática estadounidense

Dorothy Johnson Vaughan, nada en Kansas City, Missouri, o 20 de setembro de 1910 e finada o 10 de novembro de 2008, foi unha matemática afroamericana[1] que traballou na NACA (National Advisory Committee for Aeronautics), axencia que precedeu á NASA, onde se destacou nos diversos grupos nos que traballou como o grupo West Computing, na División de Análise, e en Computación, onde se fixo unha experta na linguaxe de programación FORTRAN, e no proxecto para lanzar satélites ao espazo Scout, até o seu retiro da NASA en 1971. Foi a primeira supervisora e supervisora afroamericana da NASA.[2] Antes de ingresar á NASA exerceu como profesora de matemáticas.[3][4]

Dorothy Vaughan
Dorothy Vaughan 2.jpg
Nacemento20 de setembro de 1910
 Estados Unidos de América
Falecemento10 de novembro de 2008
 Hampton
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWilberforce University
Ocupaciónmatemática e informática teórica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aos 7 anos os seus pais, Leonard e Anne Johnson, mudáronse a Morgantown, Virginia Occidental. Dorothy graduouse na escola secundaria Beechurst High School en 1925, e en 1929 acadou o título de Licenciada en Ciencias Matemáticas na Universidade Wilberforce.[5][4]

Vaughan foi profesora de matemáticas na escola secundaria Moton High School en Farmville (Virginia).[5][6] . Grazas á Orde Executiva 8802 do Presidente Franklin D. Roosevelt que obrigaba a non discriminar por raza ou relixión paia defender a industria entrou a traballar no Centro de investigación de Langley da NASA en 1943. Unha vez incorporada ao centro de investigación, ela estaba convencida de que sería un traballo temporal só até o final da guerra, pero seguiu e en 1949 Vaughan fíxose cargo da dirección da West Area Computers, un grupo de traballo segregado composto exclusivamente de mulleres afroamericanas, especialistas en matemáticas.[3][7] Este grupo foi orixinalmente requirido a utilizar instalacións separadas para o xantar ou os baños, de maneira que non usasen o mesmo que as mulleres brancas. Co tempo estas mulleres matemáticas distinguíronse tanto individualmente como en grupo polos súas achegas en case todas as áreas de investigacións en Langley. A pesar de todo isto, Vaughan interveu en favor de diversas mulleres brancas doutros grupos de computación que ela cría que merecían ascensos ou aumentos de soldo.

Dorothy Vaughan encabezou o grupo West Computing case unha década ata que xunto a membros do seu grupo uniuse a nova División de Análise e Computación a cal xa era diversa tanto en razas como en sexos, logo de que en 1958 cando a NACA fixo a transición a NASA, as instalacións segregadas incluíndo a oficina West Computing, foron abolidas.[3] Especializouse durante o resto da súa carreira en computación e en programación en FORTRAN. Traballou na División de Análise e Computación do Centro de Investigación de Langley, e tamén participou nas probas do proxecto Scout[4] (Solid Controlled Orbital Utility Test system) nas instalacións da Wallops Flight Facility.[5][8]

Durante a súa traxectoria Vaughan non só foi unha respectada matemática, senón que tamén foi a primeira acode afroamericana en chegar ao cargo de mánager no NACA, e despois na NASA.[5] Na súa última década na NASA traballou moito con Katherine Johnson e Mary Jackson, quen traballaron no seu grupo de calculadoras afroamericanas antes de ser transferidas a outras áreas, para traballar nas ecuacións para pór en órbita ao astronauta John Glenn. Retirouse da NASA en 1971.

RecoñecementosEditar

A vida de Vaughan é unha das tres historias protagonistas que se contan no libro Hidden Figures (Figuras ocultas), e a película de mesmo nome,[9] sobre o grupo de matemáticas afroamericanas que colaboraron en forma decisiva cos programas Mercury e Apolo da NASA.[10]

Un satélite ÑuSat da constelación Aleph leva o seu nome.[11]

NotasEditar

  1. Macho, Marta (2016-09-20). "Dorothy Vaughan, matemática". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2021-04-18. 
  2. "Dorothy Vaughan" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Dorothy Vaughan Biography" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Dorothy Johnson Vaughan" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Hidden in plain sight -- the African-American women who helped land a man on the moon" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  6. "Dorothy Vaughan Obituary - Hampton, VA - Daily Press". Daily Press. 
  7. "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2016. 
  8. "The Women In Aeronautical Research- Beverly Golemba, 1990" (PDF). NASA. 
  9. Calvo Iglesias, Encina; Verdejo Rodríguez, Amelia (2019). "Cine e perspectiva de xénero en física e matemáticas". (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019, 2019, ISBN 978-84-9749-758-9, págs. 209-218 (Universidade de Santiago de Compostela): 209–218. ISBN 978-84-9749-758-9. 
  10. "The History Behind 'Hidden Figures'" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  11. "Named after exceptional scientists, our new satellites launching next week continue our tradition of honoring outstanding women in STEM of all times that made history, while reinforcing our commitment to diversity, equity and inclusion. They inspire us!" (en inglés). Satellogic. 6 de outubro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2020. 

 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar