Weißenfels
Coordenadas: 51°12′00″N 11°58′00″L / 51.20000, -11.96667
Weißenfels, ás veces escrita como Weissenfels, é unha cidade e municipio de Alemaña, no estado federado de Saxonia-Anhalt, cerca de Halle e da capital do Land, Leipzig.
É a cidade máis poboada do distrito de Burgenland (Burgenlandkreis), con máis de 40 000 habitantes, e, desde o ano 2010, engloba a 11 localidades novas que até entón eran independentes.
Sobre un outeiro da cidade érguese o palacio de Neu-Augustusburg, que foi a residencia dos titulares do Ducado de Saxonia-Weissenfels, do Sacro Imperio Romano-Xermánico, até 1746, cando ao extinguirse a dinastía reinante, o ducado pasou a formar parte do Electorado de Saxonia.
A localidade esta atravesada polo río Saale, polo que o seu nome oficial completo é Weißenfels an der Saale.
XeografíaEditar
Situada a unha altitude media de 100 msnm, a cidade ocupa unha suprficie de 24,75 km².
No ano 2015 contaba cunha poboación de 40 398 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 1 177 hab./km².
Evolución da poboación (1825 - 2013)Editar
|
|
|
Fonte de datos desde 1990: Oficina de Estatística de Saxonia-Anhalt.
1: 29 de outubro
2: 31 de agosto
3: 3 de outubro
GaleríaEditar
Casa onde morreu Novalis, hoxe museo
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Weißenfels |
Ligazóns externasEditar
- Paxína web oficial de Weißenfels an der Saale Arquivado 12 de setembro de 2015 en Wayback Machine.