Wazir Akbar Khan, Cabul

barrio do norte de Cabul, Afganistán

Wazir Akbar Khan (en paxto: وزیر اکبر خان) é un barrio do norte de Cabul, formando parte do distrito 10. Recibe o seu nome do emir afgán do século XIX Wazir Akbar Khan. É unha das zonas máis ricas de Cabul. Moitas das embaixadas estranxeiras atópanse alí, incluíndo as embaixadas dos Estados Unidos e do Canadá.[1] O aeroporto Hamid Karzai atópase preto de Wazir Akbar Khan.

Vista do barrio de Wazir Akbar Khan.

Na cultura popular Editar

A primeira parte da novela O cazador de papaventos de Khaled Hosseini está ambientada neste suburbio.

Notas Editar

  1. Foreign Affairs and International Trade Canada, ed. (22 de agosto de 2006). "The Embassy of Canada to Afghanistan". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de xaneiro de 2008.