Walter Schottky

físico alemán

Walter Hermann Schottky, nado en Zúric (Suíza) o 23 de xullo de 1886 e finado en Forchheim (Baviera) o 4 de marzo de 1976, foi un físico alemán.

Walter Schottky
Nome completoWalter Hermann Schottky
Nacemento23 de xullo de 1886
Lugar de nacementoZürich
Falecemento4 de marzo de 1976
Lugar de falecementoForchheim
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín e Universidade de Würzburg
Ocupaciónfísico, inventor, profesor universitario, enxeñeiro e electrotechnician
PaiFriedrich Schottky
IrmánsErnst Max Schottky
EstudosDoutor en Física
OrganizaciónUniversidade de Jena)
Siemens AG
Universidade de Wurzburgo
Universidade de Rostock
Siemens AG
PremiosMedalla Hughes (1936)
Medalla Carl Friedrich Gauss (1962)
Werner-von-Siemens-Ring (1964)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu a súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).

Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tétrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos díodos Schottky.

Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tétrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas».​ O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.

En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semicondutores.