Friedrich Schottky
Friedrich Hermann Schottky, nado en Wrocław (Polonia) o 24 de xullo de 1851, e finado en Berlín o 12 de agosto de 1935, foi un matemático alemán.
Friedrich Schottky | |
---|---|
![]() Friedrich Hermann Schottky | |
Nome completo | Friedrich Hermann Schottky |
Nacemento | 24 de xullo de 1851 |
Lugar de nacemento | Wrocław |
Falecemento | 12 de agosto de 1935 |
Lugar de falecemento | Berlín |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Wrocław e Universidade Humboldt de Berlín |
Ocupación | matemático e profesor universitario |
Pai | Hermann Friedrich Schottky |
Nai | Louise Winkler |
Cónxuxe | Henriette Hammer |
Fillos | Walter Schottky e Ernst Max Schottky |
Coñecido por | Schottky problem, Schottky form e teorema de Schottky |
Estudos | Doutor en Matemáticas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Wrocław, Silesia, por entón pertencente ao Imperio Alemán, fillo de Hermann Friedrich Schottky, profesor de inglés, e da súa esposa Louise Winkler. Desde 1865 fixo o bacharelato na escola secundaria Maria-Magdalenen-Gymnasium da súa vila natal. De 1870 a 1874 estudou matemáticas na Universidade desa cidade, e despois acadou o doutoramento na Universidade Humboldt de Berlín, onde estudou con Karl Weierstraß e Hermann von Helmholtz.
A súa tese Über die conform Abbildung mehrfach zusammenhängender ebener Flächen (Sobre a representación conforme de superficies planas multiconectadas) considérase unha disertación histórica.
En 1878 obtivo a habilitación para a ensinanza de filosofía na Universidade de Wrocław, ondea ensinou até 1882, cando foi nomeado profesor de matemáticas na Escola Politécnica Federal de Zúric, onde permaneceu dez anos. En 1892 foi nomeado profesor na Universidade de Marburgo, onde permaneceu até a súa xubilación en 1922.
A súas principais áreas de traballo foron as funcións elípticas, as funcións abelianas e as funcións theta. Publicou 55 artigos e o libro "Abriß einer Theorie der Abel'schen Functionen von drei Variablen" (Ao redor da teoría das funcións abelianas en tres variábeis).
Tamén fixo importantes contribucións á teoría das transformacións conformes. A súa xeneralización dos teoremas de Émile Picard e Edmund Landau coñecese en matemáticas como o "conxunto de Schottky".
Propuxo unha hipótese, coñecida como o "problema de Schottky", sobre a caracterización das variedades xacobianas entre as variedades abelianas. O problema foi resolto por Takahiro Shiota en 1986, pero o tema aínda está en discusión.
Tivo unha filla e catro fillos, dos que dous deles tamén foron científicos: Ernst Max Schottky, botánico, estudoso da flora asiática, e Walter H. Schottky, físico, introdutor dunha variedade de conceptos de semicondutores.
DistinciónsEditar
Schottky foi elixido membro correspondente da Academia de Ciencias de Prusia (hoxe Academia de Berlín) en 1900, e membro numerario dous anos despois.
Véxase taménEditar
Ligazóns externaasEditar
- Friedrich Hermann Schottky Biografía en Mac Tutor. University of St Andrews, Scotland (en inglés).
- Friedrich Hermann Schottky Biografía en Mathematics Genealogy Project. Department of Mathematics. North Dakota State University (en inglés).