Fondo Mundial para a Natureza
Suxeriuse que "Adena / WWF" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial en Canadá e nos Estados Unidos. É a organización conservacionista independente máis grande do mundo, con 5 millóns de seguidores, traballando en máis de 100 países, e mantendo 1.300[3] proxectos de conservación e e restauración. É unha fundación,[4] recibindo no 2010 o 57% dos seus fondos a partir do apoio individual e doazóns, o 17% de fontes de gobernos (como o Banco Mundial) e o 11% de corporacións.[2]
Fondo Mundial para a Natureza World Wide Fund for Nature (WWF) | |
---|---|
Presentación | |
Data fundación | 29 de abril de 1961 |
Fundador | Bernardo de Lippe-Biesterfeld Julian Huxley[1] Max Nicholson Peter Scott Guy Mountfort Godfrey A. Rockefeller |
Localización | Gland, Vaud, ![]() |
Area servida | Internacional |
Método | Lobbying, investigación e consultoría |
Ingresos | €525 millóns (2010) [2] |
Slogan | For a Living Planet Por un planeta vivo |
Páxina web | http://wwf.org/ |
A misión do grupo é "deter a degradación do medio natural do planeta e construír un futuro no que os humanos vivan en harmonía coa natureza."[5] Na actualidade, o seu traballo está concentrado na conservación de tres ecosistemas que conteñen a maioría da biodiversidade do planeta: os océanos e as costas, os bosques e os ecosistemas de auga doce. Entre outros temas, tamén se atende ás especies ameazadas, á contaminación e ó cambio climático actual.
NotasEditar
- ↑ "WWF in the 60's". World Wide Fund for Nature. Consultado o 19 de agosto de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 WWF-INT Annual Review (PDF). World Wide Fund for Nature. 2010. p. 43. Consultado o 21 de xullo de 2011.
- ↑ http://www.panda.org/about_wwf/where_we_work/project/
- ↑ "How is WWF run?". Consultado o 21 de xullo 2011.
- ↑ WWF quick facts
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)