Vratsa
Coordenadas: 43°12′N 23°33′L / 43.200, -23.550
Vratsa (en búlgaro: Враца) é unha cidade situada no noroeste de Bulgaria, nunha zona de outeiros nos montes Balcáns. É a capital administrativa da provincia de Vratsa.
Vratsa | ||
---|---|---|
Враца | ||
Vista da cidade. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Provincia | Provincia de Vratsa | |
Xeografía | ||
Altitude | 344 msnm | |
Superficie | 212 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 60 692 (2011) | |
Densidade | 290 hab./km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 3000 | |
Alcalde | Kalin Kamenov (GERB) | |
Páxina oficial |
A cidade de Vratsa é un centro de comercio e artesanía e un nó ferroviario. Nela estabeleceuse a industria téxtil, metalúrxica, química e cerámica. Durante o dominio otomán (séculos XV ó XIX) foi un centro administrativo e unha gornición. A área municipal está habitada por un total de 80.040 persoas, segundo o censo de 2004.
XeografíaEditar
É unha das cidades máis "pintorescas" do país. Atópase nos outeiros situados ós pés de "Vrachanski Balkan" (montañas Vratsa), co río Leva cruzando a cidade. Vratsa atópase a aproximadamente 116 km da capital búlgara, Sofía.
A área rural do concello ofrece diversos atractivos, que lle outorga o encanto da zona oriental do noroeste búlgaro. Nos terreos de bosques do estado de Vratsa, localízanse numerosos parques naturais protexidos, así como monumentos históricos.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vratsa |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en búlgaro)