Voorgoed voorbij
"Voorgoed voorbij" | ||
---|---|---|
Canción de Corry Brokken | ||
Lanzamento | 1956 | |
Formato | ||
Gravada | ||
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Neerlandés | |
Duración | 2:40 (actuación no Festival de Eurovisión 1956) | |
Discográfica | ||
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Jelle de Vries | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Voorgoed voorbij» ([voːrˈɣut voːrˈbɛi̯]; en galego: «Acabouse para sempre») é unha canción composta por Jelle de Vries e interpretada en neerlandés por Corry Brokken.[1] Foi elixida para representar aos Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional neerlandesa, Nationaal Songfestival 1956.[1][2]
Festival de Eurovisión 1956
editarVoorgoed voorbij | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1956 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Jelle de Vries |
Director | |
Resultados | |
Posto na Final | 2.º[a] |
Puntos na Final | - |
Cronoloxía | |
◄ «De vogels van Holland» (1956) | |
«Net als toen» (1957) ► |
Selección
editarEsta canción participou no Nationaal Songfestival 1956, a final nacional para elixir as dúas actuacións que representarían aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 24 de abril de 1956, un mes antes do festival, no estudo de televisión de AVRO en Hilversum.[1]
A canción foi interpretada pola cantante neerlandesa Corry Brokken en quinto lugar, sucedendo a Jetty Paerl con «De telefoon» e precedendo a Bert Visser con «Meisje». O resultado da votación, que foi realizada polos telespectadores enviando tarxetas postais, foi anunciado o 5 de maio. A canción gañou a final con 1854 puntos, cualificándose para participar no Festival de Eurovisión xunto á canción «De vogels van Holland», que obtivo o segundo posto con 1530 puntos.[1]
No festival
editarA canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada por Corry Brokken.[2] A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.[4]
Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Italia con Franca Raimondi interpretando «Aprite le finestre» e precedendo a Suíza con Lys Assia interpretando «Refrain».[3] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[5]
Notas
editar- ↑ Aínda que o resultado das votacións non foi revelado, a páxina web oficial do Festival de Eurovsión asigna ás cancións non gañadoras o segundo posto.[3]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "NATIONAAL SONGFESTIVAL 1956". DING-A-DONG (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 UER (ed.). "Corry Brokken - The Netherlands — Lugano 1956" [Corry Brokken - Países Baixos — Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 UER (ed.). "Final of Lugano 1956" [Final de Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Fernando Paggi". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1956, Fernando Paggi. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2019.
Dolf van der Linden dos Países Baixos, quen fora o director musical da preselección neerlandesa, non puido viaxar a Suíza debido a que, exactamente o mesmo día que o festival, asignáraselle unha citación para actuar coa súa Orquesta Metropole fronte a rexementos militares neerlandeses. [...]. Como consecuencia, [Fernando] Paggi tamén usou a batuta con outras cinco cancións: [...]; «Voorgoed voorbij», cantada por Corry Brokken.
- ↑ UER (ed.). "Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019.
As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarPredecesor: «De vogels van Holland» Jetty Paerl |
Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956 |
Sucesor: «Net als toen» Corry Brokken |