De vogels van Holland
«De vogels van Holland» | ||
---|---|---|
Canción de Jetty Paerl | ||
Lanzamento | 1956 | |
Formato | ||
Gravada | ||
Xénero musical | Valse | |
Lingua(s) | Neerlandés | |
Duración | ||
Discográfica | ||
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Annie M. G. Schmidt, Cor Lemaire | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«De vogels van Holland» ([də ˈvoːɣəls vɑn ˈɦɔlɑnt]; en galego: «Os paxaros de Holanda») é unha canción escrita por Annie M. G. Schmidt e Cor Lemaire interpretada en neerlandés por Jetty Paerl.[1] Foi elixida para representar aos a Países Baixos no Festival de Eurovisión de 1956 tras obte-lo segundo posto na final nacional neerlandesa Nationaal Songfestival 1956.[1][2]
Festival de Eurovisión 1956
editarDe vogels van Holland | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1956 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Annie M. G. Schmidt, Cor Lemaire |
Director | Fernando Paggi |
Resultados | |
Posto na Final | 2.º[a] |
Puntos na Final | - |
Cronoloxía | |
«Voorgoed voorbij» (1956) ► |
Selección
editarEsta canción participou en Nationaal Songfestival 1956, unha final nacional organizada pola emisora neerlandesa Nederlandse Televisie Stichting para elixir as dúas actuacións que representarían aos Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 24 de abril de 1956, un mes antes do festival, no estudo de televisión de AVRO en Hilversum.[2]
A canción foi interpretada pola cantante neerlandesa Jetty Paerl en segundo lugar, sucedendo a Corry Brokken con «Ik zei ja» e precedendo a Bert Visser con «Gina mia». O resultado da votación, que foi realizada polos telespectadores enviando tarxetas postais, foi anunciado o 5 de maio. A canción obtivo o segundo posto con 1530 puntos, cualificándose para participar no Festival de Eurovisión xunto á canción «Voorgoed voorbij», que gañou a final con 1854 puntos.[2]
No festival
editarA canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano, Suíza, o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante Jetty Paerl.[1] A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.[4]
Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo a Suíza con Lys Assia interpretando «Das alte Karussell».[3] O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.[5]
Notas
editar- ↑ Aínda que o resultado das votacións non foi revelado, a páxina web oficial do Festival de Eurovsión asigna ás cancións non gañadoras o segundo posto.[3]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 UER (ed.). "Jetty Paerl - Netherlands — Lugano 1956" [Jetty Paerl - Países Baixos — Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "NATIONAAL SONGFESTIVAL 1956". DING-A-DONG (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 UER (ed.). "Final of Lugano 1956" [Final de Lugano 1956]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Fernando Paggi". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1956, Fernando Paggi. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2019.
Dolf van der Linden dos Países Baixos, quen fora o director musical da preselección neerlandesa, non puido viaxar a Suíza debido a que, exactamente o mesmo día que o festival, asignáraselle unha citación para actuar coa súa Orquesta Metropole fronte a rexementos militares neerlandeses. Esta é a razón pola que Fernando Paggi converteuse no primeiro director de orquestra no certame, xa que os Países Baixos actuaron en primeiro lugar con «De vogels van Holland», un valse encantador interpretado por Jetty Paerl.
- ↑ UER (ed.). "Lugano 1956". Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de agosto de 2019.
As puntuacións da votación nunca se fixeron públicas, deixando moito espazo para a especulación. Os intentos de reconstruír a votación entrevistando a membros do xurado durante o últimas cinco décadas non obtiveron ningún resultado fiable.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarPredecesor: Primeira aparición |
Países Baixos no Festival de Eurovisión 1956 |
Sucesor: «Voorgoed voorbij» Corry Brokken |