Voo 760 de SCAT Airlines

O voo 760 de SCAT Airlines era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende Kokshetau ata Almati, en Casaquistán, que se esnafrou con néboa densa preto de Kyzyltu o día 29 de xaneiro de 2013, matando aos 16 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo.[1][2]

Voo 760 de SCAT Airlines
O avión días antes do accidente
Resumo
Data  29 de xaneiro de 2013
Causa  deflexión do elevador
Lugar  preto de Kyzyltu, Casaquistán
Coordenadas  Coordenadas: 43°22′41″N 77°05′13″L / 43.378055555556, 77.086944444444
Orixe  aeroporto de Kokshetau
Destino  aeroporto de Almati
Finados  21
Aeronave
Tipo de aeronave Bombardier CRJ200
Operador  SCAT Airlines
Rexistro  UP-CJ006
Pasaxeiros  16
Tripulación  5
Superviventes  0

Accidente editar

O Bombardier CRJ-200ER que operaba o voo estaba na aproximación final ao aeroporto de Almati no medio dunha densa néboa cando se esnafrou a 5 quilómetros da pista, preto da vila de Kyzyltu ás13:13 hora local (07:13 UTC), 14 segundos despois de iniciar un go-around.[2] Os 16 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo morreron.[1][3][4]

Investigación editar

Pouco despois do accidente, o Primeiro Ministro Serik Akhmetov estableceu unha comisión encabezada por Bakytzhan Sagintayev, Viceprimeiro Ministro de Casaquistán, para investigar a causa do sinistro.[5]

Maulen Mukashev, o tenente de alcalde de Almati, visitou o lugar do accidente e díxolle aos xornalistas que a causa preliminar do accidente era o mal tempo. Mukashev tamén engadiu: "Non quedou intacta ningunha parte do avión despois de que caíse".[1][4]

O 2 de marzo de 2015 o Comité Interestatal de Aviación publicou o seu informe final dicindo que durante a aproximación final, debido a que as condicións meteorolóxicas estaban por deibaixo dos mínimos, o elevador desviouse para baixar o nariz en vez de subila levando ao aparello a unha caída abrupta e ao impacto contra o chan. A investigación foi incapaz de determinar a causa do movemento do elevador pero non atopou ningunha proba do mal funcionamento de calquera sistema ou de influencias externas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Passenger plane crash kills 21 in Kazakhstan". Reuters (en inglés). 2013-01-29. Consultado o 2018-12-25. 
  2. 2,0 2,1 "Scat CRJ2 at Almaty on Jan 29th 2013, impacted ground near airport". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-25. 
  3. "Kazakh air crash kills all 20 on board". www.theaustralian.com.au. 2013-01-29. Consultado o 2018-12-25. 
  4. 4,0 4,1 "Passenger jet crashes near Almaty". BBC News (en inglés). 2013-01-29. Consultado o 2018-12-25. 
  5. "State commission on investigation of plane crash near Almaty established". primeminister.kz (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-20.