Voo 330 de Swissair

O voo 330 de Swissair era un servizo regular dende o aeroporto de Zúric e Hong Kong, cunha escala en Tel Aviv. O avión foi voado no medio do aire polo grupo terrorista palestino Fronte Popular para a Liberación de Palestina-Comando Xeral, matando aos 47 pasaxeiros e tripulantes a bordo.[1][2]

Voo 330 de Swissair
CV-990 semellante ao atacado
Resumo
Data  21 de febreiro de 1970
Causa  bomba
Lugar  Würenlingen, Suíza
Coordenadas  Coordenadas: 47°32′11″N 8°14′23″L / 47.53641148, 8.23962885
Orixe  aeroporto de Zúric
Derradeira escala  aeroporto de Tel Aviv
Destino  aeroporto Kai Tak
Finados  47
Aeronave
Tipo de aeronave Convair CV-990 Coronado
Operador  Swissair
Rexistro  HB-ICD
Pasaxeiros  38
Tripulación  9
Superviventes  0

Historia editar

O 21 de febreiro de 1970 un Convair CV-990 Coronado, con rexistro HB-ICD e bautizado como Baselland,[2] estaba voando a ruta con 38 pasaxeiros e 9 tripulantes. Unha bomba detonou no compartimento de carga de popa uns nove minutos despois da engalaxe, cando trepaba en dirección sur sobre as 12:15 UTC na área de Lucerna. A tripulación intentou xirar e realizar unha aterraxe de emerxencia en Zürich, pero tivo dificultades para ver os instrumentos debido ao fume na cabina. O avión desviouse máis e máis cara ao oeste e esnafrouse pouco despois nunha zona boscosa en Würenlingen, preto de Zürich, debido á perda de pontencia eléctrica. Todos os seus ocupantes morreron.

Un inspector aéreo do goberno voou cara á escena en helicóptero. Pouco despois foi seguido por un equipo de 50 investigadores. A policía dixo que unha muller entregou unha pistola de 9 mm atopada na escena do accidente xusto despois do desastre. Algúns dos restos, incluídos pezas de roupa, quedaron colgados nas cimas e as ramas das árbores.

Inmediatamente sospeitouse dunha sabotaxe por mor da coraxe causada nos países árabes pola sentenza o decembro anterior de tres palestinos a 12 anos de prisión por un tribunal suízo. Un grupo guerrilleiro árabe, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina-Comando Xeral, dixo en Beirut que fora a responsable da explosión. Porén Reuters informou posteriormente dende Amán que un portavoz do grupo negara a súa implicación.[3]

Usárase unha bomba baromátrica fara facer estoupar o avión. O mesmo día outra bomba estoupou a bordo dun Caravelle de Austrian Airlines que voaba de Frankfurt a Viena. O Caravelle conseguiu aterrar con seguridade.

Notas editar

  1. "Terrorist Incidents against Jewish Communities and Israeli Citizens Abroad, 1968-2003". www.ict.org.il. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2021. Consultado o 2019-01-07. 
  2. "Aviation Photo #0108667: Convair 990A Coronado (30A-6) - Swissair". Airliners.net. Consultado o 2019-01-08. 
  3. The New York Times, 22 de febreiro de 1970