Voo 232 de United Airlines

accidente de aviación nos Estados Unidos en 1989

O voo 232 de United Airlines era un servizo regular entre Denver e Chicago, que continuaba cara Filadelfia operado por United Airlines. O 19 de xullo de 1989 o DC-10 que operaba a ruta, con rexistro N1819U, esnafrouse en Sioux City, Iowa, despois de sufrir un fallo catastrófico no motor de cola, que levou á perda de moitos controis de voo. Nese momento o aparello estaba en ruta dende o aeroporto de Stapleton ata o aeroporto internacional O'Hare. Dos 296 pasaxeiros e tripulantes a bordo, 111 morreron no accidente e 185 sobreviviron. A pesar do número de mortes, o accidente é considerado un excelente exemplo da xestión exitosa de manexo dos recursos da tripulación debido ao gran número de superviventes e o xeito como a tripulación de voo manexou a emerxencia e aterrou o aparello sen controis convencionais. Porén, ao mesmo tempo, os 111 mortos convertérono no quinto peor accidente dun DC-10, tras o voo 981 de Turkish Airlines, o voo 191 de American Airlines, o voo 901 de Air New Zealand e o voo 772 de UTA.

Voo 232 de United Airlines
DC-10 semellane ao do accidente
Resumo
Data  19 de xullo de 1989
Causa  fallo de motor non contido
Lugar  aeroporto Sioux Gateway
Coordenadas  Coordenadas: 42°24′29″N 96°23′02″O / 42.408055555556, -96.383888888889
Orixe  aeroporto de Stapleton
Derradeira escala  aeroporto O'Hare
Destino  aeroporto de Filadelfia
Finados  111
Feridos  172
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas DC-10-10
Operador  United Airlines
Rexistro  N1819U
Pasaxeiros  285
Tripulación  11
Superviventes  185

Avión e tripulación editar

O aparello, un McDonnell Douglas DC-10-10 con rexistro N1819U, fora entregado a United Airlines en 1973. Antes da saída do voo de Denver o 19 de xullo de 1989 o avión tiña 43 401 horas de voo e 16 997 ciclos. A aeronave estaba equipada con motores turboventilador de alto índice de derivación CF6-6D fabricados por General Electric Aircraft Engines (GEAE).[1]

O capitán Alfred Clair Haynes de 57 anos fora contratado pola aeroliña en 1956. Tiña 30 000 horas de voo con United Airlines, das cales 7 000 eran no DC-10.

O primeiro oficial William Roy Records de 48 anos fora contratado por National Airlines en 1969. Posteriormente traballou para Pan American World Airways. Tiña unhas 20 000 horas de experiencia, das cales 665 foran como primeiro oficial no DC-10.

O segundo oficial Dudley Joseph Dvorak de 51 anos fora contratado por United Airlines en 1986. Tiña ao redor de 15 000 horas de voo. Delas 1 900 horas foran como segundo oficial no Boeing 727 e 33 como segundo oficial no DC-10.

O adestrador capitán Dennis E. Fitch, de 46 anos, fora contratado por United Airlines en 1968. Antes de entrar a traballar en United tiña unhas 1 400 horas de voo na Garda Nacional. No DC-10 con United tiña 3 079 horas, das cales 2 000 foran como segundo oficial, 1 000 como primeiro oficial e 79 como capitán.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 2018-12-14.