Voo 172 de Adam Air

O voo 172 de Adam Air foi o accidente sufrido por un Boeing 737-300 cando aterraba en Surabaia ao final dun servizo doméstico dende o aeroporto Soekarno-Hatta e o aeroporto Juanda.[1] O día 21 de febreiro de 2007 o avión dobrouse na aterraxe, rompendo a fuselaxe na metade da sección de pasaxeiros. O seis restantes 737 de Adam Air quedaron inmediatamente en terra, aínda que cinco deles volveron ao servizo posteriormente nese mesmo ano. Este incidente causou novas preocupacións sobre a seguridade dos voos operados por Adam Air, que fora moi criticada despois do accidente do voo 574 o 1 de xaneiro de 2007.

Voo 172 de Adam Air
O 737 tras o accidente
Resumo
Data  21 de febreiro de 2007
Causa  erro do piloto
Lugar  aeroporto Juanda
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Soekarno-Hatta
Destino  aeroporto Juanda
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-33A
Operador  Adam Air
Rexistro  PK-KKV
Pasaxeiros  143
Tripulación  6
Superviventes  149 (todos)

Avión editar

O aparello era un Boeing 737-33A, con rexistro PK-KKV. Fora mercado por Adam Air en xaneiro de 2007, sendo operado anteriormente pola aeroliña brasileira Varig. O avión construírase no ano 1994.[2]

Accidente editar

Durante a aterraxe no aeroporto internacional Juanda o avión partiu pola metade. A aterraxe foi particularmente dura e a equipaxe saíu dusparada dos portavultos da cabina.[3] A sección de cola quedou dobrada cara a abaixo. Posteriores voos ao aeroporto foron desviados a aeroportos alternativos.[4] A frota de Boeing 737 de Adam Air quedou en terra para realizarlle inspeccións de seguridade.[3] Xusto despois do accidente Adam Air repintou o avión, cubrindo a librea laranxa da aeroliña con pintura branca. Como consecuencia do accidente un gran número de pasaxeiros cancelaron os seus voos con Adam Air, dicindo que "perderan a fe" na aeroliña.[5]

Notas editar

  1. "Indonesia Grounds Airplanes After Latest Air Mishap". MND. 2007-09-30. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 2019-01-19. 
  2. "AdamAir PK-KKV (Boeing 737 - MSN 27284) (Ex CS-TKF N284AN PP-VQZ ) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-01-19. 
  3. 3,0 3,1 "Indonesia 'grounds' Adam Air jets". www.aljazeera.com. Consultado o 2019-01-19. 
  4. "Checks urged after passenger jet cracks on landing - New Zealand's so…". archive.is. 2007-03-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2007. Consultado o 2019-01-19. 
  5. "Airline grounded after plane cracks". The Sydney Morning Herald (en inglés). 2007-02-23. Consultado o 2019-01-19.