Surabaia[1] é unha importante cidade de Indonesia situada na costa leste da illa de Xava, á beira do río Mas preto da súa foz no estreito de Madura. Capital da provincia de Xava Oriental e principal porto do país xunto ao da capital, Iacarta, conta cunha poboación de 2.765.908 habitantes (censo 2010) con xa máis de sete millóns na área metropolitana (Área urbana de Planeamento Económico Gerbangkertosusila) nunha das zonas máis densamente poboadas do planeta.

Modelo:Xeografía políticaSurabaia
Surabaya (id)
ꦯꦸꦫꦧꦪ Surabaya (jv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°14′45″S 112°44′16″L / -7.2458, 112.7378
EstadoIndonesia
ProvinciaXava Oriental Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Asemrowo (pt) Traducir
Benowo (pt) Traducir
Bubutan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 31+
Poboación
Poboación3.009.286 (2023) Editar o valor en Wikidata (8.573,46 hab./km²)
Xeografía
Superficie351 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m-2 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Sidoarjo (pt) Traducir
Gresik (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación31 de maio de 1293 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEri Cahyadi (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal60111–60299 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico031 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Mashhad
Rotterdam
Jeddah
Istambul
Seattle (1992–)
Busan (1994–)
Esmirna (1995–)
Kochi (1997–)
Monterrey (2001–)
Cantón, China (2005–)
Xiamen - 厦门 (2006–)
Marsella (2007–)
Shah Alam (pt) Traducir (2009–)
Varna (2010–)
Jiangmen (pt) Traducir (2012–)
Kitakyūshū (2012–) Editar o valor en Wikidata

Páxina websurabaya.go.id Editar o valor en Wikidata

De existencia acreditada dende o século XIII, nas seguintes tres centurias foi o centro dun sultanato política e militarmente dominante na rexión. En 1743 caeu no poder colonial da Compañía Holandesa das Indias Orientais converténdose na súa maior base naval e unha gran praza comercial.

Historia

editar

A historia urbana de Surabaia comeza oficialmente o 31 de maio de 1293, aniversario dunha vitoria do Imperio Mahapati ante os mongois de Kublai Khan que fuxiron pola foz do río Mas. O certo é que dende o século XIII hai mencións de portos nas bocas dos ríos Brantas e Solo a sur e norte respectivamente da cidade actual pertencentes ao reino contemporáneo de Janggala.

Semella xa seguro que dende o século XIV é un porto comercial importante do leste de Xava (mencións coma Churabhaya e por viaxeiros chineses no esteiro do río Mas).

Sultanato

editar

Durante os séculos XV e XVI, coa extensión do islam no arquipélago indonesio, foi centro de sultanatos de importancia tanto política coma militar na rexión cando foron construídas mesquitas e escolas coránicas (a mesquita de Ampel do século XV no asentamento homónimo ao nordeste da vila [2]). Entre 1483 e 1542 estivo no poder do sultanato de Demak e finalmente caeu nas mans do de Mataram (1625). Como era tradicional nas vilas xavanesas o casarío arrodeaba un grande espazo central (Alun-alun ou Paseban) en torno ao que situábanse a mesquita e o pendopo ou lugar de reunións [3].

Colonia holandesa

editar

En 1743 a Compañía Holandesa das Indias Orientais (que xa tiña un posto comercial con forte dende finais do XVII fronte a Ampel) arrebata a cidade ao debilitado sultanato de Mataram. De seguida comeza a construción dunha cidade europea directamente ao norte da nativa, arrodeada dun muro a carón do Forte Belvidere e á beira tamén do río Mas [4]. A cidade chinesa asentouse xusto na beira oposta (a oriental) do río Mas. Para facilitares o acceso ao mar, no canto dos meandros daquel, escávase un canal recto dende a cidade á costa [5].

 
Mapa de Surabaia, 1897

Ese conxunto vai constituír o núcleo da cidade do século XIX.[6] Xa baixo o control directo do goberno holandés (1808) e cun breve período de poder británico (1811-16) a cidade de corte europeo convértese no principal porto da rexión.[7] Unha primeira ponte (Ponte Roxa, Roode Brug ou Jembatan Merah) sobor do Mas une os dous asentamentos (europeo e chinés máis o vello Ampel musulmán) e vai devires o corazón de Surabaia.

 
Ponte Roxa, finais XIX

A nova área urbana froito do crecemento en ámbalas dúas beiras do Mas arrodéase dunha muralla con bastións e un amplo foso baixo a protección da nova fortaleza do Prins Hendrik no norte (1830-50).[8]

A vella cidade nativa quedara apartada nunha posición periférica, ratificada canda a construción do ferrocarril (sobor da liña de murallas), coa estación Alun-alun ao sur ante o homónimo primitivo centro de Surabaia.[9]

A área portuaria que xa comezara a desenvolverse na costa na segunda metade do século XIX tivo o impulso modernizador definitivo coa construción da maior base naval holandesa das indias orientais en 1917.[10][11] En 1926 a cidade foi designada capital provincial cando era xa a principal urbe de Xava tras Batavia. Nesas décadas desenvolveuse progresivamente cara ao sur cos novos barrios de Gubeng, Sawahan, Ketabang e Darmo.[12][13]

Independencia

editar

Trala ocupación xaponesa e os bombardeos da segunda guerra mundial un incidente precisamente na Ponte Roxa arrincou o conflito que levaría á independencia de Indonesia en 1949.

Dende entón tense desenvolto a cidade contemporánea [14], primeiro cunha recuperación da vella cidade nativa coma centro institucional (no primitivo Alun-alun) e o edificio do concello trasladado dende as inmediacións da Ponte Roxa ao barrio de Gubeng (ao sur, na outra beira do río) e nas últimas décadas nunha extensa rexión metropolitana coñecida coma Gerbangkertosusila de máis de oito millóns de habitantes e que aínda pode ser maior unha vez inaugurada a Ponte Suramadu sobor do Estreito de Madura que une Surabaia coa illa veciña e un gran porto de contedores (MIS-C) que alí tense posto en funcionamento [15].

  1. Benigno Fernández Salgado (ed.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo, Ed. Galaxia. ISBN 978-84-8288-752-4.
  2. "Mapa de Surabaya (1677) con Ampel en amarelo". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  3. "Mesmo mapa de Surabaya en 1677, ao final do tempo dos sultanatos". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  4. Planta da nova cidade holandesa de Surabaya a carón do forte (o N á dereita) [1]
  5. "Mapa de Surabaya en 1787 (o N embaixo)". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2012. 
  6. Mapa da cidade europea e chinesa (detalle do mapa de 1825){
  7. "Mapa de Surabaya, 1825". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012. 
  8. "Planta do centro de Surabaya (detalle do mapa de 1866)". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 07 de xullo de 2012. 
  9. "Mapa de Surabaya, 1866". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 08 de xullo de 2012. 
  10. "Mapa de Surabaya co novo porto". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2011. 
  11. "Mapa da cidade en 1929". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 01 de xullo de 2012. 
  12. "Mapa da cidade, 1943". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 08 de xullo de 2012. 
  13. "ca área circundante e o Estreito de Madura". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012. 
  14. Mapa da urbe no final do s.XX
  15. Mapa e poboación de Gerbangkertosusila (páx. 13 e 14)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar