Voo 1549 de US Airways
O voo 1549 de US Airways foi un Airbus A320 que, mentres gañaba altitude tras a engalaxe do aeroporto LaGuardia en Nova York o día 15 de xaneiro de 2009, golpeou unha bandada de gansos canadenses xusto ao norte da ponte George Washington e como consecuencia perdeu toda a potencia dos motores. Incapaces de chegar a ningún aeroporto, os pilotos Chesley Sullenberger e Jeffrey Skiles fixeron planear o avión para realizar unha amaraxe no río Hudson fóra de Midtown Manhattan.[1][2] As 155 persoas a bordo foron rescatadas polos barcos que se atopaban nas proximidades e houbo algúns feridos graves.
Voo 1549 de US Airways | |
---|---|
Evacuación do avión no Hudson
| |
Resumo | |
Data | 15 de xaneiro de 2009 |
Causa | impacto contra paxaros |
Lugar | río Hudson |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto LaGuardia |
Derradeira escala | aeroporto de Charlotte Douglas |
Destino | aeroporto de Seattle-Tacoma |
Feridos | 100 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A320-214 |
Operador | US Airways |
Rexistro | N106US |
Pasaxeiros | 150 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 155 (todos) |
O accidente pasou a ser coñecido como o "Milagre do Hudson", e un funcionario da Xunta Nacional de Seguridade no Transporte describíuno como "a amaraxe máis exitosa da historia da aviación".[3] A Xunta rexeitou a idea de que o piloto podería evitar a amaraxe regresando a LaGuardia ou desviándose ao próximo aeroporto de Teterboro.
Notas
editar- ↑ Grant, Eryn; Stevens, Nicholas; Salmon, Paul. "Why the 'Miracle on the Hudson' in the new movie Sully was no crash landing". The Conversation (en inglés). Consultado o 2019-01-25.
- ↑ Clark, Andrew (2009-01-15). "Plane crashes in Hudson river in New York". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-01-25.
- ↑ Olshan, Jeremy (2009-01-17). "Quiet air hero is Captain America". New York Post (en inglés). Consultado o 2019-01-25.