Vojislav Šešelj

político serbio

Vojislav Šešelj, nado en Saraxevo o 11 de outubro de 1954, é un político serbio, fundador e presidente do Partido Radical Serbio e condenado por crimes contra da humanidade e mais de guerra polo Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia.

Infotaula de personaVojislav Šešelj

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sr) Војислав Шешељ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Saraxevo Editar o valor em Wikidata
Deputy Prime Minister of Serbia (en) Traducir
24 de marzo de 1998 – 24 de outubro de 2000
Member of the National Assembly of Serbia (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaraxevo
Belgrado Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSerbia
República Federal de Iugoslavia
República Federal Socialista de Iugoslavia
Serbia e Montenegro Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa serbia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Greifswald (pt) Traducir - dereito (1979–1979)
University of Belgrade Faculty of Law (en) Traducir - dereito (1976–1979)
Facultade de dereito da Universidade de Saraievo (1973–1976) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor , militar , profesor universitario , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Radical Sérvio (pt) Traducir (1990–sen valor)
Serbian Renewal Movement (en) Traducir (1990–1990)
Liga dos Comunistas da Iugoslávia (pt) Traducir (1971–1981) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa, lingua rusa e lingua serbia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarvoivoda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Croacia Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeJadranka Šešelj (1990–)
Condenado porcrime de guerra Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webvseselj.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1270145 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Šešelj con Vuk Drašković e Milan Mladenović en 1990 mentres retiran un retrato de Josip Broz Tito do Colexio de Enxeñeiros de Belgrado

Vojislav naceu na capital de Bosnia e Hercegovina, seus pais eran serbios procedentes do val do Popovo, no leste de Hercegovina. Seu pai, Nikola Šešelj traballaba nos ferrocarís e súa nai, Danica Šešelj, no fogar.

Estudou primaria e secundaria na súa cidade natal e en 1971 recibiu unha invitación para entrar na Liga dos Comunistas de Iugoslavia por mor do labor realizado nunha brigada de traballo xuvenil no terremoto de Banja Luka de 1969. Despois de rematar o instituto en 1973 principiou os estudos de dereito na Universidade de Saraxevo e graduouse en 1976. No ano seguinte recibiu o mestrado coa tese Marksistički koncept naoružanog naroda e leu a súa tese de doutoramento na Universidade de Belgrado en 1979, Politička suština militarizma i fašizma, converténdose na persoa máis nova en ler unha tese de doutoramento en Iugoslavia [1]. Entre decembro de 1979 e novembro de 1980 realizou o servizo militar obrigatorio e a partir de setembro de 1981 deu clases na facultade de ciencias políticas da Universidade de Saraxevo e estableceu vínculos cun grupo de intelectuais disidentes próximos ao nacionalismo serbio e entrou en conflito coas autoridades comunistas bosníacas, situación que se agravou, cando nunha loita directa por un posto de axudante, acusou de plaxiar a súa tese de doutoramento Brano Miljuš[2], secretario dos comunistas de Saraxevo, e protexido dos líderes comunistas bosníacos Hamdija Pozderac e Branko Mikulić. En decembro de 1981 a Liga Comunista expulsou a Vojislav[3] e despois tivo que deixar a universidade, relegado ao Instituto de Investigación Social. Tras varios arrestos nos primeiros meses de 1984 de curta duración, a policía detívoo o 15 de maio, e o 9 de xullo un tribunal sentenciouno a 8 anos de prisión por actividades contrarrevolucionarias e pór en perigo a orde social[4]. Pasou os primeiros nove meses en Saraxevo e en xaneiro de 1985 transferírono á prisión de Zenica, pasou seis meses confinado en soidade[5], e finalmente logo de 22 meses saíu en liberdade en marzo de 1986 e aveciñouse en Belgrado. En 1989 realizou unha xira polos Estados Unidos entre a comunidade serbia emigrada, e o líder chetnik Momčilo Đujić nomeouno voivoda dos chetniks, título que lle retiraría en 1998 pola súa colaboración con Slobodan Milošević[6]. A primeiros de 1990 foi con Vuk Drašković e Mirko Jović un dos fundadores do partido Rexurdimento Nacional Serbio[7] que deixou en marzo canda Drašković para formar o Movemento de Rexurdimento Serbio. En maio Šešelj fundou un novo partido, o Movemento Chetnik Serbio, ao que lle denegaron a inscrición polo seu nome. No outono volveu a prisión por recrutar voluntarios para as milicias serbias de Croacia pero ao pouco quedou libre [8] e participou nas eleccións presidenciais de decembro de 1990, logrando o cuarto lugar co 1,91% dos votos [9]. O 23 de febreiro de 1991 fundou o Partido Radical Serbio e en xuño entrou como deputado electo no Parlamento. Nas súas intervencións exhibiu un claro carácter expansionista, a prol da creación dunha Gran Serbia[7]que unificase todas as rexións da antiga Iugoslavia habitadas por serbios.

Despois das eleccións parlamentarias de finais de 1992 o partido de Šešelj apoiou un goberno en minoría encabezado polo Partido Socialista de Serbia de Milošević[10] acordo que se rompeu en 1993 logo de se afastar Milošević da República de Serbia por mor do plan de paz Vance-Owen. Šešelj pasou a atacar duramente a Milošević. Condenado a prisión dúas veces por incidentes no parlamento[11]e por organizar unha manifestación non autorizada na localidade kosovar de Gjilan[12]. Malia se referir a Milošević, tras o acordo de Dayton, como o meirande traidor ao pobo serbio logo das eleccións de 1997 o seu partido e o de Milošević chegaron a un acordo para gobernaren en coalición, con Šešelj como viceprimeiro ministro[13].

 
Šešelj en carteis electorias en 2012

Nas eleccións presidenciais serbias de 2002 logrou o 23,36 % dos votos e a terceira praza tras Vojislav Kostunica e Miroljub Labus, recibiu mesmo o apoio de Milošević dende o cárcere da Haia malia [14] o seu partido presentar o seu propio candidato, Velimir „Bata“ Živojinović.

No remate do mes de febreiro de 2003 Šešelj entregouse ao Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia (TPIY) que o acusaba de "oitoo cargos de crimes de lesa humanidade e seis de violacións das leis ou usos da guerra pola súa presunta participación nunha empresa criminal conxunta".

Nas eleccións parlamentarios do 28 de decembro de 2003 o partido de Šešelj foi a primeira forza co 27,7 % pero non logrou apoio ningún para formar goberno e polo tanto permaneceu na oposición[15]. Nas eleccións de xaneiro de 2007 logrou outra volta a primeira praza, co 28,7 % e de novo permaneceu na oposición. Nas eleccións anticipadas de 2008 subiu ata o 29,45 % pero só o segundo lugar tras da coalición europeísta dirixida por Boris Tadić.

O Tribunal concedeulle a Šešelj a liberdade condicional en novembro de 2014 para asistencia médica por mor dun cancro e volveu a Serbia. O 31 de marzo de 2016 o tribunal declarouno non culpable mais tras unha apelación o 11 de abril de 2018 os xuíces do MICT (sucesor do TPII) condenárono a dez anos de cadea por crimes contra da humanidade, incluíndo a deportación de croatas da vila de Hrtkovci, pero non volveu a prisión ao superaren os anos en custodia a pena.

Notas editar

  1. "Profile: Vojislav Seselj". BBC News, 7 de novembro de 2007
  2. Vasić, Miloš. "Vojislav Seselj, SRS Leader and Member of the Federal Parliament". Vreme, 23 de maio de 1994
  3. Yves Tomic. The Ideology of a Greater Serbia in the Nineteenth and Twentieth Centuries: political ideas of Vojislav ŠEŠELJ. International Criminal Tribunal for the Former Yugoslavia
  4. Jović, Dejan (2009). Yugoslavia: A State that Withered Away. Purdue University Press, p. 231
  5. Paul R. Bartropp (2012) A Biographical Encyclopedia of Contemporary Genocide: Portraits of Evil and Good Santa Barbara: ABC-CLIO, p. 294
  6. David Blinder "Momcilo Djujic, Serbian Priest and Warrior, Dies at 92". New York Times, 13 de setembro de 1999
  7. 7,0 7,1 Bartrop, Paul R. (2012). A Biographical Encyclopedia of Contemporary Genocide. Santa Barbara: ABC-CLIO, p. 294
  8. Louis Sell (2003) Slobodan Milosevic and the Destruction of Yugoslavia. Duke University Press, p. 327
  9. Holm Sundhaussen (2014) Jugoslawien und seine Nachfolgestaaten 1943-2011: Eine ungewöhnliche Geschichte des Gewöhnlichen Böhlau:Wien, p. 299
  10. Holm Sundhaussen (2013) Jugoslawien und seine Nachfolgestaaten 1943-2011: Eine ungewöhnliche Geschichte des Gewöhnlichen. Böhlau:Viena 2012, p. 461
  11. Thomas Lansford (ed, 2013) Political Handbook of the World 2013. CQ Press, p. 1264
  12. Sabrina P. Ramet (ed, 2000): The radical right in Central and Eastern Europe since 1989. Pennsylvania State University Press, p. 208
  13. Holm Sundhaussen (2012) Jugoslawien und seine Nachfolgestaaten 1943-2011: Eine ungewöhnliche Geschichte des Gewöhnlichen. Böhlau: Viena, p. 461
  14. Louis Sell (2002) Slobodan Milosevic and the Destruction of Yugoslavia. Duke University Press, p. 372
  15. Alexander Motyl (2994) Nations in Transit 2004: Democratization in East Central Europe and Eurasia Freedom House, p. 498 (eingeschränkte Vorschau in der Google-Buchsuche).