Vivian Frederick Maynard FitzSimons

Vivian Frederick Maynard FitzSimons, nado o 7 de febreiro de 1901 en Pietermaritzburg, KwaZulu-Natal, Suráfrica, e finado o 1 de agosto de 1975 en Pretoria foi un herpetólogo suraficano de familia irlandesa.

Infotaula de personaVivian Frederick Maynard FitzSimons
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1901
Pietermaritzburg, KwaZulu-Natal, Suráfrica.
Morte1 de agosto de 1975
Pretoria
Cargos
Director do Museo do Transvaal (1946-1966)
Presidente da Asociación de Museos de Suráfica (1955).[1]
Datos persoais
País de nacionalidadesurafricana
EducaciónUniversidade de Rhodes
Actividade
Ocupaciónherpetólogo, recolledor de plantas
EmpregadorMuseo do Transvaal, Namib Desert Research Station
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaFitzSimons Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisFrederick William FitzSimons  e Patricia Henrietta FitzSimons (nada Russell)

WikiTree: Fitzsimons-335

Traxectoria editar

FitzSimons fixo o bacharelato na prestixiosa Grey High School en Port Elizabeth. Despois graduouse na Universidade de Rhodes.

Ademais do seu labor no campo da herpetoloxía, contribuíu á recollida de mostras de espermatófitas para o Herbario Nacional, plantas que pasaron a formar parte do Instituto Nacional de Biodiversidade de Suráfrica no Xardín botánico Nacional de Pretoria.[2]

En 1937, xunto con Anna Amelia Obermeyer, recolleu algúns dos primeiros espécimes de plantas das terras altas orientais de Rhodesia (actual Zimbabue).

Máis tarde, como director do Museo do Transvaal, xunto con Charles Koch,[1] axudou a establecer o Instituto de Investigación do Deserto do Namib en Gobabeb.[2]

Familia editar

Vivian FitzSimons procedía dunha familia de naturalistas. O seu pai, Frederick William FitzSimons, e a súa nai Patricia Henrietta (de solteira Russell), emigraron a Suráfrica desde Irlanda.[1]

O seu irmán era Desmond Charles Fitzsimons que, en 1939, fundou o Fitzsimons Snake Park de Durban, e foi un dos principais distribuidores de antivelenos de serpes de Suráfrica.

Algunhas obras editar

  • 1932. Preliminary descriptions of new forms of South African Reptilia and Amphibia, from the Vernay-Lang Kalahari Expedition, 1930.
  • 1933. Description of five new lizards from the Transvaal and Southern Rhodesia.
  • 1938. Transvaal Museum Expedition to South-West Africa and Little Namaqualand, May to August 1937.
  • 1939. Descriptions of some new species and subspecies of lizards from South Africa.
  • 1941. Descriptions of some new lizards from South Africa and a frog from southern Rhodesia.
  • 1943. The lizards of South Africa. (Reimpreso 1970).
  • 1948. Descriptions of two new frogs from Natal and a gecko from Astove Island.
  • 1958. A Short account of the Reptiles of the Kalahari Gemsbok National Park (Con Charles Kimberlin Brain).
  • 1959. Some new reptiles from southern Africa and southern Angola.
  • 1962. Snakes of Southern Africa.
  • 1970. A Field Guide to the Snakes of South Africa.

Honores editar

Epónimos editar

Vivian FitzSimons foi honrado cos nomes científicos de catro réptiles.[3]

  • Chondrodactylus fitzsimonsi
  • Elapsoidea sundevallii fitzsimonsi
  • Platysaurus orientalis fitzsimonsi
  • Scelotes fitzsimonsi

Anreviatura editar

A abreviatura FitzSimons enprégase para recoñecer a Vivian Frederick Maynard FitzSimons como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Vivian Fitzsimons en South African History Online.
  2. 2,0 2,1 FitzSimons, Vivian Frederick Maynard (1901-1975). En Global Plants.
  3. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("FitzSimons, V.", p. 91).

Véxase tamén editar