VTN
Identificadores
Símbolo VTN
Símbolos alt. V75, VN, VNT, vitronectin
Entrez 7448
OMIM

193190

RefSeq NP_000629
UniProt P04004
Outros datos
Locus Cr. 17 17q11.2:(28.37 – 28.37 Mb)

A vitronectina (VTN ou VN) é unha glicoproteína da familia da hemopexina, que é abundante no soro sanguíneo, a matriz extracelular e o óso.[1] Nos humanos está codificada no xene VTN do cromosoma 17.[2][3] Tamén se chama proteína S do complemento (complement S-protein).[4]

A vitronectina únese á integrina alfa-V beta-3 e así promove a adhesión celular e o espallamento. Tamén inhibe os efectos de danos nas membranas do sistema de complemento citolítico terminal e únese a varias serpinas (inhibidores da serina protease). É unha proteína segregada e pode encontrarse en forma de cadea simple ou de dúas cadeas unidas por unha ponte disulfuro.[2] Especulouse que a vitronectina está implicada na hemostase[5] e malignidade dos tumores.[6][7]

Estrutura

editar

A vitronectina é unha glicoproteina de 75 kDa, que consta de 459 residuos de aminoácidos. Aproximadamente un terzo da masa da proteína débese aos carbohidratos que a compoñen. De cando en vez, esta proteína é clivada na arxinina 379 para producir a vitronectina de dúas cadeas, as cales están unidas por unha ponte disulfuro. Aínda non se determinou experimentalmente unha estrutura de alta resolución desta proteína, excepto do dominio N-terminal.

A proteína consta de tres dominios:

Informouse de varias estruturas do dominio somatomedina B. A proteína foi inicialmente cristalizada en complexo cunha das moléculas coas que se une fisioloxicamente: o inhibidor do plasminóxeno 1 (PAI-1) e resolveuse a estrutura deste complexo.[8] Despois dous grupos informaron das estruturas de resonancia magnética nuclear do dominio.[9][10]

O dominio somatomedina B é un nó disulfuro fortemente unido, con catro pontes disulfuro nun tramo de 35 residuos. Informouse de diferentes configuracións disulfuro para este dominio[11][12][13] pero esta ambigüidade foi resolta pola estrutura cristalina.[13]

Construíronse modelos de homoloxía para os dominios central e C-terminal.[13]

Función

editar

O dominio somatomedina B da vitronectina únese ao inhibidor do activador do plasminóxeno 1 (PAI-1), e estabilízao.[8] A vitronectina serve para regular a proteólise iniciada pola activación do plasminóxeno. Ademais, a vitronectina é un compoñente das plaquetas, de modo que está implicada na hemostase. A vitronectina contén unha secuencia RGD (45-47), que é un sitio de unión para as integrinas unidas á membrana, por exemplo, o receptor da vitronectina, que serve para ancorar as células á matriz extracelular. O dominio somatomedina B interacciona co receptor da uroquinase, e esta interacción foi implicada na migración celular e transdución de sinais. Os niveis altos en plasma de PAI-1 e de receptor da uroquinase correlaciónanse cun prognóstico desfavorable para pacientes de cancro. A adhesión e migración celular están directamente implicadas na metástase do cancro, o cal proporciona unha explicación desta observación.

  1. Boron, Walter F. and Boulpaep, Emile L. "Medical Physiology". Saunders, 2012, p.1097.
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: M Vitronectin". 
  3. Jenne D, Stanley KK (Oct 1987). "Nucleotide sequence and organization of the human S-protein gene: repeating peptide motifs in the "pexin" family and a model for their evolution". Biochemistry 26 (21): 6735–42. PMID 2447940. doi:10.1021/bi00395a024. 
  4. OMIM Vitronectina, VTN
  5. Preissner KT, Seiffert D (Jan 1998). "Role of vitronectin and its receptors in haemostasis and vascular remodeling". Thrombosis Research 89 (1): 1–21. PMID 9610756. doi:10.1016/S0049-3848(97)00298-3. 
  6. Felding-Habermann B, Cheresh DA (Oct 1993). "Vitronectin and its receptors". Current Opinion in Cell Biology 5 (5): 864–8. PMID 7694604. doi:10.1016/0955-0674(93)90036-P. 
  7. Hurt, Elaine M.; Chan, King; Serrat, Maria Ana Duhagon; Thomas, Suneetha B.; Veenstra, Timothy D.; Farrar, William L. (2009). "Identification of Vitronectin as an Extrinsic Inducer of Cancer Stem Cell Differentiation and Tumor Formation". Stem Cells 28: N/A–N/A. PMC 3448441. PMID 19998373. doi:10.1002/stem.271. 
  8. 8,0 8,1 Zhou A, Huntington JA, Pannu NS, Carrell RW, Read RJ (Jul 2003). "How vitronectin binds PAI-1 to modulate fibrinolysis and cell migration". Nature Structural Biology 10 (7): 541–4. PMID 12808446. doi:10.1038/nsb943. 
  9. Kamikubo Y, De Guzman R, Kroon G, Curriden S, Neels JG, Churchill MJ, Dawson P, Ołdziej S, Jagielska A, Scheraga HA, Loskutoff DJ, Dyson HJ (Jun 2004). "Disulfide bonding arrangements in active forms of the somatomedin B domain of human vitronectin". Biochemistry 43 (21): 6519–34. PMID 15157085. doi:10.1021/bi049647c. 
  10. Mayasundari A, Whittemore NA, Serpersu EH, Peterson CB (Jul 2004). "The solution structure of the N-terminal domain of human vitronectin: proximal sites that regulate fibrinolysis and cell migration". The Journal of Biological Chemistry 279 (28): 29359–66. PMID 15123712. doi:10.1074/jbc.M401279200. 
  11. Kamikubo Y, Okumura Y, Loskutoff DJ (Jul 2002). "Identification of the disulfide bonds in the recombinant somatomedin B domain of human vitronectin". The Journal of Biological Chemistry 277 (30): 27109–19. PMID 12019263. doi:10.1074/jbc.M200354200. 
  12. Horn NA, Hurst GB, Mayasundari A, Whittemore NA, Serpersu EH, Peterson CB (Aug 2004). "Assignment of the four disulfides in the N-terminal somatomedin B domain of native vitronectin isolated from human plasma". The Journal of Biological Chemistry 279 (34): 35867–78. PMID 15173163. doi:10.1074/jbc.M405716200. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Xu D, Baburaj K, Peterson CB, Xu Y (Aug 2001). "Model for the three-dimensional structure of vitronectin: predictions for the multi-domain protein from threading and docking". Proteins 44 (3): 312–20. PMID 11455604. doi:10.1002/prot.1096. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Singh B, Su YC, Riesbeck K (2010). "Vitronectin in bacterial pathogenesis: a host protein used in complement escape and cellular invasion". Mol. Microbiol. 78 (3): 545–60. PMID 20807208. doi:10.1111/j.1365-2958.2010.07373.x. 
  • Singh B, Jalalvand F, Mörgelin M, Zipfel P, Blom AM, Riesbeck K (2011). "Haemophilus influenzae protein E recognizes the C-terminal domain of vitronectin and modulates the membrane attack complex". Mol. Microbiol. 81 (1): 80–98. PMID 21542857. doi:10.1111/j.1365-2958.2011.07678.x. 
  • Su YC, Jalalvand F, Mörgelin M, Blom AM, Singh B, Riesbeck K (2013). "Haemophilus influenzae acquires vitronectin via the ubiquitous Protein F to subvert host innate immunity". Mol. Microbiol. 87 (6): 1245–66. PMID 23387957. doi:10.1111/mmi.12164. 

Ligazóns externas

editar