Vitilixe
A vitilixe[1] é unha doenza autoinmune non contaxiosa na que ocorre unha perda local da pigmentación da pel.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Vitiligo03.jpg/220px-Vitiligo03.jpg)
Esta despigmentación ocorre xeralmente en forma de placas na faciana ou nas mans, aínda que tamén pode xurdir en calquera outra parte do corpo. O lugar atinxido fica cun aspecto branco transparente e bastante sensíbel ao sol, podendo ocorrer serias queimaduras en caso de se expor ao sol sen protección. Tende a empeorar coa tensión e a ansiedade, e en situacións de estrés é común que aparezan novas placas que poden ficar de forma permanente.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vitilixe.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |