A Vitiaz (en ruso Витязь) foi unha corveta da Mariña imperial rusa que efectuou unha dupla circunnavegación (1870 - 1883-1885).

A corveta imperial rusa Vitiaz

Visitou os Estados Unidos de América nunha misión diplomática ao mando do vicealmirante Stepan Lesovsky (1863-1864), prestou servizo no mar Mediterráneo en 1864 e no océano Pacífico (1870-1874) e rearmada en 1871. Foi renomeada como Skobelev (Скобелев) en 1882, e empregada como buque escola a partir dese ano.[1]

Na súa primeira viaxe de circunnavegación (1870 - 1883), navegou desde outubro de 1870 por América do Sur e as illas do Pacífico chegando á baía do Astrolabio (Papúa-Nova Guinea) en setembro de 1871, polo que o mariño ruso Nikolai Nikolaiévich Mikluho-Maklai, deulle o nome de estreito de Vitiaz ao brazo de mar que separa a illa de Nova Bretaña da península de Huon, en Papúa-Nova Guinea.[2]

Notas editar