Vista dende a ventá en Le Gras
Vista dende a ventá en Le Gras (en francés: Point de vue du Gras) é a fotografía permanente máis antiga que se conserva. Foi tomada polo inventor francés Nicéphore Niépce en xuño de 1826, dende unha ventá do terceiro piso da súa casa de campo en Le Gras, Saint-Loup-de-Varennes, Francia.[1]
Point de vue du Gras | |
---|---|
![]() A fotografía orixinal. Debido ás 8 horas de exposición, a luz do sol ilumina os edificios de ámbolos dous lados. | |
Artista | Joseph Nicéphore Niépce |
Data | Xuño de 1826 |
Localización | Harry Ransom Humanities Research Center (Austin, Estados Unidos) |
Descrición
editarNiépce capturou a fotografía cunha cámara escura enfocada nunha folla de 20 × 25 cm tratada con betume de Xudea. Como resultado das 8 horas de exposición, a luz do sol ilumina os edificios de ámbolos dous lados.
Historia
editarDespois dunha viaxe sen éxito a Gran Bretaña para tentar que a Royal Society se interesara no proceso, Niépce deu a foto ó botánico Francis Bauer. Foi exhibida ó público en 1898 por última vez, e posteriormente foi esquecida. Foi adquirida polo coleccionista Helmut Gernsheim, que volveu sacala á luz en 1952 e a Eastman Kodak Company realizou unha copia.
En 1973, a Universidade de Texas adquiriu a colección de Helmut Gernsheim e hoxe en día exhíbese no Harry Ransom Humanities Research Center, na cidade de Austin.
A revista Life colocouna na súa lista das "100 fotografías que cambiaron o mundo".[2]
Notas
editar- ↑ "Maison da Première Photo". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010.
- ↑ Revista Life