Virgilio Ledo Santoandré

xornalista e político galego

Virgilio Ledo Santoandré, nado en Chantada en 1896, foi un xornalista e político galego.

Infotaula de personaVirgilio Ledo Santoandré
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata (127/128 anos)
Chantada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 356236

Traxectoria editar

Emigrante en Cuba, foi redactor das revistas Caricato e Semana. Ao seu retorno da illa foi administrador do periódico La Voz del Agro de Chantada. Na Segunda República foi oficial do Concello de Chantada. Foi secretario da Juventud Agraria (1932), secretario da Sociedad de Agricultores de Centulle e vicepresidente da Federación Agraria Liga Provincial Agraria de Lugo. Secretario da Asociación Republicana en 1934, foi delegado do Comité Provincial Izquierda Republicana de Lugo. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 13 de agosto, permanecendo no cárcere de Lugo sen procesamento xudicial até o 14 de maio de 1938. Abríronlle expediente por responsabilidades políticas en xaneiro de 1942[1] e foi sancionado. No franquismo foi apoderado da empresa Auto Industrial en Ourense.[2]

En 1977, en virtude da Lei de Amnistía, foi reincorporado no corpo de funcionarios do Concello de Chantada e simultaneamente xubilado, contando xa con 81 anos.[3]

Notas editar

  1. Expedientes de Responsabilidades Políticas de Lugo
  2. El Pueblo Gallego, 16-3-1960, p. 10.
  3. Arquivo Municipal de Chantada, Libro de Actas de 1977, signatura 1996

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar