Centulle, San Xurxo de Asma, Chantada
Centulle e un lugar na parroquia de San Xurxo de Asma, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 106 habitantes (55 homes e 51 mulleres), trece menos ca en 1999.
Centulle | |
---|---|
![]() ![]() | |
Parroquia | San Xurxo de Asma |
Concello | Chantada |
Coordenadas | 42°37′03″N 7°46′51″O / 42.617416666667, -7.78075 |
Poboación | 106 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Centulle ten orixe no antropónimo de orixe latina Centullius ou Centullus a partir da forma en xenitivo.[1]
Patrimonio
editarO castro de Centulle atópase en mal estado de conservación. Pénsase que tiña unha configuración do modelo espiral, con dous corpos posuíndo tramos de tres. No recinto atopáronse restos de vaixela e de muíños de man. Diversas hipóteses defenden que aquí estaba a fortaleza dos Circa, arrasada polos normandos e máis tarde pertencente á casa de Altamira.
No recinto construíuse a mediados do século XX o santuario da Nosa Señora de Fátima. Promovido polo párroco Emilio Eyré Lamas, foi o primeiro santuario dedicado en España a Virxe de Fátima. O templo foi concibido a modo de fortaleza, coroado con cruces gaélicas, dun modo semellante ao dos castelos irlandeses. O santuario recolle unha mestura de elementos arquitectónicos mozárabes, románicos e gaélicos. A talla de Nosa Señora de Fátima foi elaborada por Capa na escola de Belas Artes de Madrid, sendo consagrada na Academia de San Fernando o 12 de xuño de 1945.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de San Xurxo de Asma
editarLugares da parroquia de San Xurxo de Asma no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Casasoa | Centulle | O Chouso | Liñares | O Peto | San Xurxo | O Seixo |
Parroquias de Chantada
editarNotas
editar- ↑ Méndez, Luz; Navaza, Gonzalo (2004). "Xentilicios e nomes persoais na toponimia de Chantada". En R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.). A lingua galega: historia e actualidade 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega. p. 527.
- ↑ El Progreso, 14-7-1945, p. 4.