Villers-Cotterêts
Villers-Cotterêts é un concello francés, situado no centro do bosque de Retz, no departamento do Aisne, na rexión da Picardía.
XeografíaEditar
En 2005 tiña 10.106 habitantes, sobre unha extensión de 41 km². Está situada a uns 80 kms. ao nordeste de París.
HistoriaEditar
O seu pequeno tamaño non lle concedeu demasiada relevancia histórica. Porén, en 1539 o rei Francisco I de Francia asinaba nela a ordenanza de Villers-Cotterêts, un documento onde se impuña o francés como lingua oficial de Francia, en substitución do latín.
Na vila hai tamén un castelo mandado construír por este monarca en 1532, sobre a localización dun castelo anterior, probablemente do século XIII. O castelo pasou logo á familia de Orleáns, que a finais do século XIX llo doou ao concello de París.
O feito cultural máis destacado é o nacemento nesta vila de Alexandre Dumas (o pai), en 1802, no Castelo de Noüe. O edificio, do século XVI, está agora dedicado á casa museo do escritor.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Web turística de Villers-Cotterêts Arquivado 11 de xuño de 2007 en Wayback Machine.