Villacid de Campos
Villacid de Campos é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Pertence á comarca histórica da Terra de Campos.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Valladolid ![]() | ||||
Capital | Villacid de Campos ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 79 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 24 km² ![]() | ||||
Altitude | 774 m ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Rafael Álvarez Torres (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47607 ![]() | ||||
Código INE | 47199 ![]() | ||||
Demografía
editarVillacid de Campos ten unha poboación de 99 habitantes segundo o censo do INE de 2011.
Evolución demográfica de Villacid de Campos | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | |||
115 | 112 | 116 | 122 | 117 | 113 | 104 | 103 | 108 | 101 |
Economía
editarA principal actividade dos seus habitantes é a agricultura e a gandería.
Monumentos
editar- Igrexa de Santa María A Nova: edificada no século XVI, de estilo gótico, con tres naves, construída en ladrillo e cabeceira de perpiaño. Conta cun torreón, circular do século X que servía como refuxio e defensa, debido á forte escuridade no seu interior que dificulta a súa subida. Hai unha inscrición na que se pode ler que a mandou construír o mordomo de Carlos V.
- Ermida da nosa Señora de Bustillino: situada na estrada de Ceinos, é un edificio construído no século XVIII de estilo barroco, con tapial, unha soa nave e teito plano.
- Palacete de Francisca Armendia: do século XV, pertenceu á adiñeirada familia Armendia, da zona norte de España. O seu escudo pode ser contemplado na fachada.
- El Cubo: construción de ladrillo de planta circular, único testemuño do que foi unha antiga fortaleza.
Festas
editar- Maio: San Isidro (na actualidade non se celebra festa popular civil)
- 8 de setembro: Festividade da Virxe de Bustillino.
- 9 de setembro: Romaría ata a ermida da Virxe de Bustillino
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Deputación de Valladolid. Datos de interese sobre a localidade.