Vilela, Punxín
Santa María de Vilela é unha parroquia do concello de Punxín na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2012 tiña 63 habitantes, deles 35 eran mulleres e 28 eran homes, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 88 habitantes.
Vilela | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Vilela. | |
Concello | Punxín[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 63 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Igrexa de Santa María de Vilela. De orixe románica, reformada no século XVIII, cunha soa nave e ábsida rectangular. Ten esculturas barrocas de San Pedro e dúas imaxes da Virxe das Dores e do Rosario, e un cáliz e un incensario de prata do século XVIII, deseñados por Piedra e Rañoi.
Detrás do templo hai un cruceiro cun peto de ánimas no pé que conserva un capitel xónico.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de VilelaEditar
Lugares da parroquia de Vilela no concello ourensán de Punxín | |
---|---|
Barxelas | O Chao | Figueiroa | A Nogueira | A Vila |
Parroquias de PunxínEditar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín | |
---|---|
Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María) |