Viktor Olegovich Pelevin (en ruso: Виктор Олегович Пелевин) nado o 22 de novembro de 1962 en Moscova, é un escritor ruso contemporáneo, algúns críticos literarios refírense ó conxunto da súa obra como o movemento literario Nova Sinceridade debido ás sátiras culturais e textos con varios niveis de entendemento[1].

Infotaula de personaViktor Pelevin
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1962 (61 anos)
(Moscova)
Russian Union of Journalists (en) Traducir
1993 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Literatura Maxim Gorki (1989–1991)
Moscow Power Engineering Institute (pt) Traducir (1979–1985) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, ciencia ficción e literatura de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , guionista , novelista , escritor de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorMoscow Power Engineering Institute (pt) Traducir (1985–) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoProsa Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMikhail Lobanov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata

Páxina webpelevin.nov.ru Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1922888 Last fm: Pelevin+Viktor Musicbrainz: 9a46f212-87e6-4f56-91c0-5f091a24a727 Discogs: 1784780 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Os seus pais eran unha mestra de inglés e un profesor da Universidade de Bauman. Graduouse en 1985 coma enxeñeiro electromecánico polo Instituto de Enerxía de Moscova (MPEI) traballando como tal no departamento de transporte do citado instituto.

Fixo o servizo militar obrigatorio no exército do Aire, tentando logo obter o graduado no MPEI ata 1989, ano no que asistiu a un taller creativo do escritor Mikhail Lobanov no instituto literario Maxim Gorki, alí fixo amizade con Albert Egazarov e Victor Kulle. Aínda que foi expulsado do Instituto Literario en 1991 fundou cos seus amigos unha editorial (primeiro chamada O día e logo O corvo e o mito) editando nela tres volumes de Carlos Castaneda. Compaxinou este traballo co de reporteiro entre 1989 e 1990 para as revistas Cara a cara e Nakura i Religiya (Natureza e relixión) a raíz do cal entra en contacto co misticismo oriental, nesta última publicou por vez primeira Ignat o feiticiero e o pobo en 1989.

En 1992 publicou a colección de contos A lanterna azul, así como a súa primeira novela Omon Ra na revista Znamya, na cal tamén publicaría en 1993 A vida dos insectos recibindo nese mesmo ano o premio ruso Booker. Non obstante recibiu críticas negativas, ás que contestou co ensaio John Fowles a a traxedia do liberalismo ruso, ao ano seguinte recibiu os premios Interpresscon e o caracol de bronce. Nestas datas é cando consegue fama internacional, ficando como nomeado ao premio IMPAc de Dublín e ao Premio Richard Schoenfeld en Alemaña, chegando a ser un dos intelectuais mais influentes de Rusia a pesar de que non se prodigue na prensa (o que fixo xurdir varios rumores acerca da súa non existencia, ou de que se fora cousa dun ordenador...).

Permitiu que as súas obras se publicasen en Internet sen copyright.

Obras editar

Novelas editar

  • Omon Ra / Омон Ра (1992)
  • A vida dos insectos / Жизнь насекомых (1993)
  • O memiño de Buda (aka Clay Machine-Gun) / Чапаев и Пустота (Chapáyev e o baleiro]) (1996)
  • Babilonia (en rusia Xeración P, Homo Zapiens) / Generation "П" (1999)
  • Números (como parte do libro DTP(NN) - A dialéctida do período de transición (De ningún sitio a nada)) / Числа (часть книги ДПП(NN) - Диалектика Переходного Периода (из Ниоткуда в Никуда)) (2004)
  • O libro sacro do lobishome / Священная Книга Оборотня (2004)
  • O casco do horror / Шлем ужаса (2005)
  • Imperio V / Ампир В (2006)(o texto foi roubado das editoriais e publicado ilegalmente en internet).
  • T (2009)
  • S.N.U.F.F. (2011)
  • Batman Apolo (2013)

Ensaios e relator curtos editar

  • O eremita e seisdedos / Затворник и Шестипалый (1990)
  • Lanterna azul e outras historias (1991)
  • Zombificaсión / Зомбификация
  • O príncipe da planificaciñon estatal / Принц Госплана (1992)
  • A frecha amarela / Желтая стрела (1993)
  • O problemas dun lobishome en Rusia Central (The Werewolf Problem in Central Russia / Проблема верволка в средней полосе
  • O día do bulldozerista (Bulldozer Driver’s Day / День бульдозериста),
  • 4 por Pelevin' (2001)
  • P5: cancións de despedida dos pigmeos políticos de Pindostan / П5: прощальные песни политических пигмеев Пиндостана (2008)
  • Auga de piña pra bela señora / Ананасная вода для прекрасной дамы (2010)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar