Vida Gallega (A Habana)

Vida Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1938 e 1954.

Historia e característicasEditar

Subtitulada Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia, apareceu o 1 de xuño de 1938. Dirixida por Antonio do Campo de la Fuente. Publicación mensual, con algunhas irregularidades. Describía as actividades da institución e publicaba artigos sobre historia, literatura e cultura galega. Entre os seus colaboradores figuraron María Pérez Gago, Antonio Rey, Ramón Fernández Mato, Manuel Carmona, Francisco Marcos Raña, Josefina Camaño, E. Fernández Arrondo, José Rubianes, José Ramón Suárez Castiello, Ramón Marcote Miñarzo, José López Pérez, Mouriño e A. do Campo.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar