Victoriano Encinas Reyes

pedagogo español

Victoriano Encinas Reyes, nado en Salamanca o 21 de marzo de 1857 e finado en Pontevedra o 29 de decembro de 1896, foi un educador e avogado español.

Victoriano Encinas Reyes
Victoriano Encinas y Reyes.jpg
Nome completoVíctoriano Encinas y Reyes
Nacemento21 de marzo de 1857
 Salamanca
Falecemento29 de decembro de 1896
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpedagogo
editar datos en Wikidata ]
Caricatura de García Enciso (1896).

TraxectoriaEditar

Fillo de Ángel Encinas Martín, xornaleiro e sobrestante de obra, e de Jacinta Reyes Alonso, que alentaron aos seus fillos a seguir o camiño da ensinanza e as letras, destacando tanto Victoriano, como o seu irmán menor, Pedro Encinas Reyes. Estudou na Normal Superior de Salamanca e posteriormente, durante o bienio 1877-1878, en Madrid, na Escola Central de Mestres. Na su estadía en Madrid aproveitou para realizar estudos no Colexio Nacional de Sordo-Mudos e Cegos.

Con 21 anos solicitou ao Ministerio de Fomento algunha das vacantes nas Escolas Normais de España, sendo nomeado Terceiro Mestre interino da Escola Normal de Pontevedra en 1878. Ao pouco de chegar a Pontevedra promoveu a fundación da Asociación Pedagógica de Maestros de Pontevedra, da que foi presidente honorario en 1896. Nos primeiros anos da década de 1880 casou con Isabel Dios, e foi pai de Isabel, Victoriano e Ramón Encinas Dios.

En 1885 foi redactor de Los Maestros de España, xunto con Severiano Regueral e Emilio Álvarez Giménez. Foi un dos organizadores do Congreso Pedagógico Regional celebrado do 15 ao 21 de agosto de 1887, terceiro que se celebraba en España, e considerado, pola importancia dos temas que nel se trataron, como o continuador dos debates que se iniciaron co primeiro, que se celebrara en Madrid en 1882.

En 1888 ingresou ao bacharelato, e dous anos despois obtivo o título. Ingresou na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1892. En 1892 era vicepresidente da Sección de Ciencias da Sociedade Económica de Amigos del País de Pontevedra e Secretario da Junta Provincial de Instrución Pública. Nesas datas foi nomeado Fiscal interino da Audiencia do Criminal.

O 25 de xaneiro de 1893 fue nomeado Director interino da Escola Normal de Pontevedra debido á enfermidade do titular, cargo desde o que promoveu a primeira Asemblea Pedagóxica e Exposición Escolar que tivo lugar en Pontevedra en 1894 e de cuxa comisión organizadora foi presidente, aparecendo o seu desenvolvemento en Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar. Volveu ocupar o cargo de director da Normal en 1896, dedicándose a xestionar a construción da que sería nova sede da Escola Normal e de Artes e Oficios. Obra que no puido ver concluída pola súa prematura morte o 29 de decembro de 1896, con 39 anos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Otero Urtaza, Eugenio Manuel (1997). "Discurso de Victoriano Encinas no Congreso Pedagóxico de Pontevedra (1887)". Sarmiento: Anuario galego de historia da educación (1): 199–214.