Victoria Piñeiro

remeira galega

María Victoria Piñeiro, nada en Cangas en 1984, é unha remeira galega.

Victoria Piñeiro
Nacemento20 de outubro de 1983
Lugar de nacementoCangas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónremeira
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Victoria Piñeiro iniciouse na práctica deportiva no piragüismo, no club CM Ría de Aldán e despois no CM Breogán do Grove.[1] Posteriormente pasouse ao remo competindo tanto en banco fixo como en banco móbil no CR Mecos. Como remeira fichou polo SD Astillero, un club cántabro desta especialidade, onde competiu en diversas probas tanto no equipo feminino como no masculino, neste caso no posto de temoeira. Precisamente o feito de competir como temoeira nun equipo masculino foi o que lle deu transcendencia, posto que a súa participación foi prohibida[2] pola Federación Española de Remo en competicións oficiais.

Palmarés editar

  • Campioa de Cantabria en batel e en traiñeira absolutas femininas (2008).
  • Subcampioa de España en batel absoluto feminino (2008).

Notas editar