Victor Fleming
Victor Lonzo Fleming, nado en La Cañada Flintridge (California) o 23 de febreiro de 1889 e finado en Cottonwood (Arizona) o 6 de xaneiro de 1949 foi un director de cinema estadounidense.
Victor Fleming | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de febreiro de 1889 |
Lugar de nacemento | Pasadena |
Falecemento | 6 de xaneiro de 1949 |
Lugar de falecemento | Cottonwood |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Hollywood Forever Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema e director de fotografía |
Coñecido por | O Médico e o Monstro, Foise co vento, Captains Courageous, Treasure Island, Red Dust e The Wizard of Oz |
Premios | Óscar ó mellor director e star on Hollywood Walk of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Participou como fotógrafo na primeira guerra mundial e foi fotógrafo do presidente Woodrow Wilson en Versalles. Tras coñecer ao director Allan Dwan comezou a traballar como director de fotografía para este e para D. W. Griffith, dirixindo a súa primeira película en 1919.
En 1932 foi contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer, dirixindo gran cantidade de filmes. O mellor momento da súa carreira foi 1939, cando dirixiu The Wizard of Oz e Foise co vento, coa que gañou o oscar ao mellor director.
ObraEditar
En trinta anos de carreira, Fleming dirixiu unha gran cantidade de películas, moitas delas na etapa muda do cinema.
- 1932 - Red Dust
- 1933 - Bombshell
- 1934 - Treasure Island
- 1935 - Reckless
- 1937 - Captains Courageous
- 1939 - The Wizard of Oz
- 1939 - Foise co vento
- 1941 - Dr. Jekyll and Mr. Hyde
- 1942 - Tortilla Flat
- 1948 - Joan of Arc
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victor Fleming |
Ligazóns externasEditar
- Victor Fleming na IMDb (en inglés).