Victor D'Hondt
Victor D'Hondt, nado en Gante o 20 de novembro de 1841 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1901, foi un xurista belga e profesor de dereito civil e de dereito fiscal na Universidade de Gante. Foi tamén matemático.
Victor D'Hondt | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de novembro de 1841 |
Gante | |
Falecemento | 30 de maio de 1901 |
Gante | |
Nacionalidade | Bélxica |
Ocupación | matemático, avogado, catedrático de universidade, xurista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ideou un método, descrito en 1878 e coñecido como Sistema D'Hondt que permite obter o número de cargos electos en proporción aos votos conseguidos polas candidaturas. O seu método, que é polémico[1] e promove ou tende, dentro dun sistema electoral democrático, ao chamado bipartidismo[2], foi adoptado en moitos países, por exemplo: Arxentina, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Chile, Colombia, Croacia, Eslovenia, España, Finlandia, Guatemala, Irlanda, Israel, Xapón, Países Baixos, Paraguai, Polonia, Portugal, República Checa, Suíza, Turquía ou Venezuela.
ObraEditar
- Système pratique et raisonné de représentation proportionnelle. Bruxelles, 1882
NotasEditar
- ↑ Cómo funciona la Ley D'Hondt, no diario Público. (en castelán)
- ↑ Elecciones generales 2011. Las injusticias de la ley electoral este 20N, en La Información. (en castelán)