Vicente Sola Regido

político galego

Vicente Sola Regido, nado en Castrelo do Val a mediados do século XIX e finado en Caldeliñas (Verín) o 10 de agosto de 1918, foi un político galego.

Modelo:BiografíaVicente Sola Regido
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Castrelo do Val, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1918 Editar o valor en Wikidata
Caldeliñas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Verín
1914 – 1917
← Mariano Diéguez Amoeiro
Alcalde de Verín
1899 – 1909 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Emigrante retornado, ao seu regreso foi presidente do Partido Conservador de Verín, era o representante no distrito de Luis Espada Guntín. Foi secretario do concello de Verín (1892). Foi nomeado alcalde de Verín en 1899. Volveu ser alcalde en 1914.

Foi asasinado no balneario de Caldeliñas o 10 de agosto de 1918, cando tiña uns 70 anos.[1] Do asasinato foron acusados Francisco Núñez Estévez (quen nun princpio alegou que o fixera por vinganza pois Vicente Sola o obrigara a ir ao servizo militar indebidamente, perseguiuno con cotas excesivas de consumos e vexouno publicamente)[2] e Miguel Salgado, que foron xulgados do 5 ao 7 de abril de 1922, nun sonoro proceso en Verín.[3]

Predecesor:
?
  
Alcalde de Verín
 
1899 - 1909
Sucesor:
?
Predecesor:
Mariano Diéguez Amoeiro
  
Alcalde de Verín
 
1914 - 1917
Sucesor:
Antonio Rodríguez Ogando

Vida persoal

editar

Casou con María Armas, de quen enviuvou. Tivo dúas fillas, residentes en Verín, e varios fillos emigrados en Chile.[1]

  1. 1,0 1,1 "Asesinato de D. Vicente Sola". La Región. 11 de agosto de 1918. p. 2. 
  2. "El crimen de Verín". El Diario de Pontevedra. 27 de agosto de 1918. p. 2. 
  3. "Sobre el asesinato de Vicente Sola en Verín. Final del proceso". Correo de Galicia. 11 de maio de 1922. p. 3. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar