Vicente Muíño Tojeiro

Vicente Muíño Tojeiro, nado en Cedeira cara a 1909 e finado en Ribadeo o 23 de xullo de 1936, foi un mariñeiro e político galego.

Infotaula de personaVicente Muíño Tojeiro

Traxectoria editar

Veciño de Cervo (Cedeira), mariñeiro da mercante, estaba embarcado no vapor Luis Caso de los Cobos en 1933. O xulgado de Ortigueira emitiu unha requisitoria contra el en febreiro de 1933 como encartado no sumario 61/1932 por tenencia de armas e disparo contra Rogelio Salido Cortizas.[1] Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido con outros veciños de Cedeira en novembro.[2][3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia á sublevación en Ribadeo e foi morto nos enfrontamentos da toma da vila polos militares golpistas o 23 de xullo de 1936.

Notas editar

  1. BOP Oviedo, 2-3-1933, p. 4.
  2. El Correo Gallego, 2-11-1934, p. 1.
  3. El Ideal Gallego, 2-11-1934, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar